Urco en TXT e PDF

Categoría: Breves |

          0 votos

A Urco Editora anúncia a primeira das súas traducións na rede. Hoxe saíu a primeira delas, Sleepy Hollow e outros relatos, que xa é posíbel descargar en formato txt a través deste ligazón provisional no seu blogue. Ademáis, os suscriptores poden solicitar a versión maquetada en formato pdf, que non é pública.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 

Relacionadas:

Novas relacionadas

  • Non hai novas relacionadas

Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • Matt Reeves, o director que se encargou do thriller de monstros Cloverfield, revelou á prensa que hai plans para facer unha segunda parte, ainda que eses plan están en repouso até que os produtores atopen unha idea que sexa tan interesante coma a orixinal. Algúns informes de prensa din que entre as ideias que se barallan está a de facer unha precuela que narre as orixes da creatura.

  • A Universal Pictures vai desenvolver un thriller de viaxes polo tempo titulado The Archive e baseado nun guión de David Auburn (The Proof). A dirección estará a cargo de James Mangold, que contará coa produción de Scott Stuber e de Cathy Konrad.

  • NOVA FANTASIA non se actualizará até o vindeiro 26 de xuño por mor das vacacións que se tomará o persoal a cargo da empresa. Lamentamos os inconvintes que vos poida ocasionar este adiamento.

  • Jack Black ven de desembarcar no proxecto da comédia sobrenatural Man-Witch da Warner Brothers. Os estudos confirmaron que Black non será o protagonista do filme, que vai sobre un home que descubre que ten poderes de meigo e remata como profesor aprendendo a nenas nun coléxio especial para meigas. As nosas fontes din que houbo problemas persoais entre o director Todd Phillips e mais o axente de Black.

  • James McAvoy negou aos nosos reporteiros que estea en conversas para interpretar a Bilbo Bolseiro no vindeiro filme de Guillermo del Toro O Hobbit, afirmando que só son rumores que aparecen de cando en vez na Internet: "Estaría interesado en ler o guión... cando o escriban", dixo McAvoy.

    •  

  • Publicidade