Natasha Henstridge (Species), James Cromwell e David James Elliott protagonizarán Impact, un telefilme de desastres e ciéncia-ficción dividido en dúas partes sobre unha estrela anana que choca contra a Lúa e causa estragos na Terra. Os actores alemáns Benjamin Sadler e Florentine Lahme tamén forman parte do reparto.
Producida pola compañía muniquesa Tandem Communications, Jaffe/Braunstein Films [...]

A 20th Century se fixo cos dereitos de Zero-G, un videoxogo de ciéncia-ficción da Union Entertainment creado por Daniel Jevons, e que ainda está por aparecer. O seu argumento é un thriller baseado nun ataque devastador con armas nunca vistas até agora contra unha cidade americana.
O proxecto é pasar ao cinema este xogo contando para [...]

Joel Silver, produtor do vindeiro filme dos irmáns Wachowski Speed Racer, confirmou que esta película aparecerá xunto a un documental de 20 minutos adicado á família fictícia do protagonista. Serán, obviamente, dados falsos destinados a vender millor a liña de xoguetes que pensan lanzar con motivo da estrea da longametraxe.

A actriz israelí Ayelet Zurer ven de se facer co papel feminino protagonista para interpretar xunto a Tom Hanks a precuela de O Código da Vinci que vai facer a Columbia Pictures, Anxos e Demos.
Ewan McGregor está en conversas para se unir ao reparto deste thriller, baseado, coma o seu predecesor, nunha novela de Dan [...]

  • Publicidade