Zero-G, un videoxogo ao cinema
30 de Abril de 2008 por Editor
Arquivado en Videoxogos
A 20th Century se fixo cos dereitos de Zero-G, un videoxogo de ciéncia-ficción da Union Entertainment creado por Daniel Jevons, e que ainda está por aparecer. O seu argumento é un thriller baseado nun ataque devastador con armas nunca vistas até agora contra unha cidade americana.
O proxecto é pasar ao cinema este xogo contando para elo coa produción de Richard Leibowitz, Wyck Godfrey da Temple Hill Entertainment e Marty Bowen e mais Ellen Goldsmith-Vein da Gotham Group.
O trato supón a primeira vez que un videoxogo da Union pasa a se converter en película, pero non é a primeira vez que unha película é transformada en videoxogo pola Union, xa que en 2007 apareceu The Darkness e ainda está por chegar ao mercado Sin City, baseadas ambas as dúas en novelas gráficas de Frank Miller.


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!