Joseph Pevney, un dos máis prolíficos actores e directores da televisión americana, finou en Los Ángeles (Califórnia) aos 96 anos. Pevney dirixiu algúnos episódios de séries coma O incríbel Hulk, A família Munster e 14 capítulos da série orixinal de Star Trek.

A produtora Platinum Dunes propriedade de Michael Bay ven de mercar os dereitos sobre a Ouija, o popular xogo de mesa da compañía xogueteira Hasbro para converte-la nun filme. O proxecto será realizado pola Universal, empresa coa que a Hasbro asinara unha asociación para seis anos.
Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller producirán a longametraxe [...]

Alexander (Sandy) Courage, o compositor de cinema e televisión nominado ao Oscar coñecido sobre todo polo tema orixinal da série Star Trek, finou o pasado 15 de maio en Pacific Palisades, Califórnia, aos 88 anos de idade e após de sufrir unha longa enfermidade que o tiña maltreito dende 2005.
A fanfárria da série orixinal de [...]

O segredo do que aconteceu antes de que o neno meigo Harry Potter fora á escola de Hogwarts sairá á luz o vindeiro mes, nunha inusual poxa con fins benéficos.
A escritora J.K. Rowling ven de redactar un esbozo de 800 palabras sobre o que aconteceu antes da saga de sete libros que a converteu en [...]

Nun encontro virtual cos fans a través da Internet, Guillermo Del Toro e Peter Jackson confirmaron que o primeiro dos dous filmes do Hobbit será a história narrada por Tolkien, mentres que a segunda será un relato orixinal que unirá os periodos comprendidos entre O Hobbit e O Señor dos Aneis.

O pior filme de todos os tempos: así foi designada por diversas votacións, e acadou o seu intre de maior glória cando hai dez anos Tim Burton homenaxeouna na sua maxistral Ed Wood. É Plan 9 do espazo exterior, un dos cúmios do cinema de série Z, está por cumprir cincuenta anos e terá unha [...]

Entre as escasas persoas que non teñen previsto ir ver Indiana Jones e o reino da caveira de cristal están os membros do afortunadamente pequeno partido comunista de Rúsia, que ven de condear o filme coma “propaganda antisoviética” e que “distorsiona a história” e pediu que fora prohibido nos cinemas rusos.

Edicións Mandrágora ven de anunciar a publicación dunha novela dun dos colaboradores máis veteráns e queridos de NOVA FANTASIA, o escritor Manuel Díez Román, titulada Barcelona Blues.
Segundo a editorial, o seu argumento xira ao redor dunha Barcelona dividida en bárrios privados e murallas tras das que se agochan os cidadáns procurando protexer-se das bandas e [...]

O Fórum Fantástico 2008 ocorrerá de 2 a 5 de Outubro, na Faculdade de Belas Artes de Lisboa (em pleno coração do Chiado). De novo organizado em colaboração com a Épica – Associação Portuguesa do Fantástico nas Artes, o FF2008 terá como responsáveis Rogério Ribeiro e Safaa Dib, a que se juntam este ano Ricardo [...]

keep looking »
  • Publicidade