Mel Gibson volve con Edge of Darkness

2 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Cartaze da série orixinalNos últimos anos Mel Gibson estivo máis pendente da sua carreira coma director que da sua faceta coma actor. A sua última aparición diante das pantallas foi en Sinais (2002), e despóis, sen esquecer o cinema de xénero, adicou-se á realización de thrillers de terror (A Paixón de Cristo) e fantásticos (Apocalypto).

Agora Gibson regresa aos escenários coma actor, xa que será o protagonista de Edge of Darkness que dirixirá Martin Campbell. Tráta-se da adaptación dunha minisérie que emitiu a BBC en 1985 e que tamén foi dirixida por este realizador. No filme, Gibson dará vida a un policía puritano que descubrirá unha rede de corrupción mentres investiga o asasinato da sua filla.

O guión escribiráo William Monahan. Graham King, que gañou o Oscar con Infiltrados, será ún dos produtores, o mesmo ca Michael Wearing, que produciu a minisérie orixinal.

Mel Gibson interesou-se neste proxecto hai xa meses, cando se reuniron con el Campbell e King; polo de agora non se sabe se algún grande estudo financiará este proxecto, pero a súa rodaxe escomezará en Boston o vindeiro mes de agosto.

A herdanza de Valdemar

2 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Oscar JaenadaA localidade cántabra de Comillas será o escenário da rodaxe do filme La herencia de Valdemar, unha fita de terror gótico que conta con Óscar Jaenada, Eusebio Poncela e Leonardo Sbaraglia para os papeis protagonistas.

A produtora española La Cruzada é a responsábel do proxecto que se puxo en marcha o pasado día 28 e que se prolongará até o 30 de xuño. Rodará-se en Comillas e arredores, na sua maior parte, ainda que tamén está previsto que a equipa se traslade a Santander e Gipúzkoa.

A sala santanderina Miriñaque albergou un cásting que congregou a preto de 80 persoas. O anúncio da convocatória provocou unha resposta masiva. A proba, organizada por ‘The extras casting company’ propiciou a selección dos diferentes perfís necesários con vistas á futura rodaxe, que correspondeu a mulleres de 20 a 40 anos, homes de 26 a 40, rapaces de 13 e 18, e nenos de 6 a 11 anos.

O escritor José Luis Alemán é o autor do guión da história de Valdemar, elaborado a partir das obras de H.P. Lovecraft, e que se convertirá na sua ópera prima coma director. A cinta, cunha atmosfera de terror gótico, narra a desaparición dunha experta en mansións vitorianas ocurrida após da sua incursión na casa de Lázaro Valdemar, á que acude co obxectivo de elaborar unha taxación.

A intervención dun detective e dunha coñecedora dos feitos acaecidos no pasado na misteriosa mansión completan a estrutura dunha narración que dá continuidade ás múltiples versións cinematográficas abordadas sobre a obra do mestre de Providence.

A Universal procura unha Resurrección

2 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Marc GuggenheimA Universal ven de se facer cos dereitos de Resurrection, un cómic de ciéncia-ficción da editorial Oni Press escrito polo cocreador de Eli Stone, Marc Guggenheim.

Resurrection escomeza alí onde outros filmes de invasións extra-terrestres rematan, centrándo-se nun grupo de supervivintes que tentan facerse de novo co control do planeta após dunha apocalíptica invasión da Terra.

O cómic, ilustrado por Dave Dumeer, foi publicado nos Estados Unidos en outubro, e xusto hai uns días que ven de aparecer o terceiro número da série.

Gañadores dos prémios Nébula 2007

2 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Libros

O logo dos prémiosO pasado sábado 26 de abril déron-se a coñecer no decurso do congreso anual da Science Fiction and Fantasy Writers of America (SFWA) celebrado en Austin, Texas (EE.UU), os gañadores dos prestixiosos prémios Nébula 2007. Os prémios Nebula son votados polos profesionais mimbros da devandita organización e son uns dos máis importantes do xénero a nivel mundial.

Novela: The Yiddish Policemen´s Union, de Michael Chabon
Novela curta: Fountain of Age de Nancy Kress
Relato longo: The Merchant and the Alchemist´s Gate de Ted Chiang
Relato curto: Always de Karen Joy Fowler
Guión: O labirinto de Pan, de Guillermo del Toro

Na gala entregáron-se asemade estoutros galardóns:

Prémio Andre Norton de literatura infantil e xuvenil: Harry Potter e as relíquias da morte, de J.K. Rowling
Grande Mestre: Michael Moorcock
Autor Emérito: Ardath Mayhar
Premio polos servizos prestados á SFWA: Melisa Michaels e Graham P. Collins