O vindeiro da Marvel

6 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O capitán AméricaApós de amosar os bos resultados en despacho de billetes de Iron Man, unha vez mais, o tirón que teñen os superheroes, os estudos Marvel plantexan-se cal será a sua próxima adaptación cinematográfica.

O que si é seguro é que a fita será novamente distribuída pola Paramount, coa que Marvel ten un acordo para un filme mais. As próximas aventuras de O Incribel Hulk serán vendidas, en troco, pola Universal.

As cifras de Iron Man deixan a Marvel nunha excelente situación para, despois da sua estreo coa Paramount, negociar nunha posición de moita forza con calquera outro distribuidor.

Os primeiros rumores indicaban que o proxecto elixido seria Capitán América e Nick Fúria, ainda que tamén se baralla a posibilidade dunha rodaxe en torno aos Vingadores, Thor ou o Home Formiga.

Seica Marvel só quere facer dous filmes ao ano con distintos superheroes, para asi dispór de personaxes abondo para os próximos anos. Ningún novo chegará en 2009, que o estudo adicará á preprodución dalgún novo bombazo, ainda que si regresarán, por exemplo, alguns membros da Patrulla X nas aventuras de Lobeto.

Demora-se o novo de Peter Jackson

6 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

The Lovely BonesA Web neocelandesa Flicks lanzou a pasada semana o rumor de que a rodaxe de The Lovely Bones (en España vai-se titular Dende o meu Ceo), o vindeiro filme dirixido por Peter Jackson, fora cancelada após dunha discusión entre o director e o seu director de arte sobre como retratar o Ceo, onde vive a protagonista.

Nombergantes, a DreamWorks e mais a Paramount, responsábeis da financiación da fita, lanzaron-se a desmentir a nova, recoñecendo que o filme chegará aos cinemas con demora: a data de estrea, prevista para o 13 de marzo de 2009, será finalmente en outubro. O estudo tamén desmentiu que un enfrontamento sexa a causa desta demora.

The Lovely Bons é unha adaptación da homónima e exitosa novela de Alice Sebold, que narra a história dunha muller asasinada que, desde o Ceo, segue vendo aos seus familiares. O personaxe, chamado Susie Salmon, contempla asi o sofremento dos seus seres queridos tras a sua perda, e tamén como o seu asasino comeza a planear cometer outro crime.

O reparto do filme inclúe estrelas da talla de Mark Wahlberg, Rachel Weisz, Stanley Tucci ou Susan Sarandon.

Como ser o discípulo de Darth Vader

6 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Star Wars: The Force UnleashedA LucasArts, durante unha xira de apresentacións por Europa que comezou en España, amosou un adianto do seu Star Wars: The Force Unleashed (Star Wars: O Poder da Forza chamará-se aqui), un novo videoxogo baseado na Guerra das Galáxias.

Nesta ocasión, a história non conta os acontecementos narrados nas duas triloxias cinematográficas, se non o acontecido entre o Episódio III: A vinganza dos Sith e o Episódio IV: Unha nova esperanza.

O protagonista é un aprendiz secreto de Darth Vader, adestrado para destruir aos Jedis que fican diseminados polo universo e para axudar ao seu mestre a acabar co Emperador. Ainda que o xove será o principal protagonista, tamén haberá oportunidade de manexar ao próprio Vader.

O desenvolvemento seguirá as liñas típicas dos xogos de acción en terceira persoa: escenários mais ou menos lineais, ameazas por doquier e unha grande variedade de ataques especiais. O protagonista blandirá o sabre de luz coma un mestre e utilizará a Forza para crear estoupidos de enerxia, lanzar lóstregos polas mans ou facer levitar obxectos e inimigos e lanzá-los polos aires.

Os programadores fixeron un grande esforzo para que o espectáculo visual sexa único. Para iso utilizaron ferramentas de última xeración, simulando a física dos obxectos de forma moi realista, incorporando as propriedades físicas de calquera elemento do entorno para que se comporte como o faria na realidade. e cun revolucionário motor de simulación de comportamentos que permite que os inimigos actúen e pensen de forma lóxica e realista.

O xogo verá a luz en setembro para PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360, PSP, Wii e Nintendo DS. Nas consolas de Nintendo, o xogo aproveitará as características específicas de ditas plataformas: a pantalla táctil da DS e o mando da Wii para realizar os ataques.