McTeigue dirixirá Revelation
O director de V for Vendetta, o australiano James McTeigue, será o encargado de realizar o vindeiro thriller de ciéncia-ficción Revelation para a produtora Inferno, sobre un guión escrito por John Salvati.
A história vai sobre unha xornalista encargada de investigar unha série de extraños asasinatos e descubre que as vítimas estaban todas elas ameazadas polo xefe dunha organización que investiga abducións extra-terrestres.
O filme será producido por Bill Johnson, da Inferno, en colabouración con Dave Alpert e Lawrence Mattis de Circle of Confusion. Jim Seibel, da Inferno, será o produtor executivo xunto a Dave Engel.
McTeigue está agora mesmo dirixindo para a Warner Brothers o filme Ninja Assassin, baixo a produción dos irmáns Wachowski.
Dennis Quaid en Pandorum
A Constantin Film e mais a Impact Pictures veñen de anunciar que están en negociacións con Dennis Quaid e Ben Foster para que protagonicen Pandorum, un thriller de ciéncia-ficción ambientado a bordo dunha nave espacial abandoada. Overture Films será a encargada de distribuir o filme en Norteamérica.
Travis Milloy escribiu o guión para Pandorum, que foi descrito coma unha história escura e claustrofóbica sobre dous membros da tripulación que espertan a bordo da súa nave espacial, descoñecendo a súa misión e as súas identidades. Mentres van xuntando as pezas do crebacabezas, fan un terríbel descobremento que ameaza á humanidade. A filmación escomezará en Berlín no mes de agosto.
Pandorum estará financiada pola Constantin Film en asociación coa Impact Pictures, unha filial da mesma Constantin Film. A Summit Entertainment será a encargada de negociar a distribución en Europa e tentará escomezar as vendas xa mesmo, no vindeiro festival de cinema de Cannes.
Paul W.S. Anderson e Jeremy Bolt, da Impact Pictures, serán os produtores, xunto a Robert Kulzer da Constantin Film. Dave Morrison será o produtor executivo.
Bioshock chega ao cinema
9 de Maio de 2008 por Editor
Arquivado como Cinema, Videoxogos
Bioshock, ún dos videoxogos máis premiados do pasado ano, chegará ao cinema da man da Universal Studios, coa dirección de Gore Verbinski (Piratas do Caribe ou O home do tempo) e, se finalmente se chega a un acordo, guión de John Logan (Gladiator, O derradeiro samurái ou O aviador).
Bioshock mete ao xogador na pel dun supervivinte dun accidente de avión que chega a Rupture, unha misteriosa cidade submariña fundada coma unha sociedade ideal para un selecto grupo de científicos, artistas e industriais, pero que agora está poboada de cadáveres, poderosos e salvajes gardiáns e rapazas espeluznantes.
Verbinski realizará unha película séria cun ton adulto e que, segundo coida o mesmo director, recibirá unha clasificación para maiores de 17 anos, o que adoita reducir considerábelmente os ingresos no despacho de billetes.
“Coido que esta história dunha utopía frustrada, que foi levada de xeito tan intelixente aos xogadores, ten un tremendo potencial cinematográfico“, asegurou Verbinski. “De todos os xogos que xoguei, este é no que sinto unha maior forza narrativa“, engadiu.
O cineasta dixo que se esforzará en manter a máxima fidelidade posíbel respecto ao xogo para non decepcionar aos seguidores.
O príncipe persa será un debuxo animado
9 de Maio de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
O novo videoxogo da saga Prince of Persia, que xa está a ser desenvolvido pola Ubisoft, contará con gráficos realizados mediante a técnica do cel shading, que outorga aos escenários e personaxes unha fasquía de debuxo animado.
Deste modo o xogo, titulado provisionalmente Prince of Persia Prodigy, afastará-se da estética realista para amosar un xeito mais fantástico có da triloxia das areas do tempo. Ese estilo funcionou ben en xogos coma Zelda: The Wind Waker, Okami ou Dragon Quest: O periplo do rei maldito.
Ademais do cel shading, o videoxogo utilizará a poténcia de Anvil, o mesmo motor gráfico empregado en Assassin’s Creede. Grazas ás capacidades desta ferramenta, a acción non se limitará a palácios e cidades senón que amosará amplísimos escenários exteriores.
Outro grande troco, mais ben un retorno ás orixes da franquía, afectará aos combates, que xa non serán contra vários inimigos á vez se non tipo do ún contra ún.
Todo aponta a que o lanzamento do xogo, que terá versións para consolas de sobremesa, portátiles e PC, será preto da estrea do filme Prince of Persia: As Areas do Tempo (en verán de 2009) para aproveitar o tirón mediático.
O filme, producido pola Disney e máis Jerry Bruckheimer (Transformers, Piratas do Caribe, A Rocha…), estará dirixido por Mike Newell (Harry Potter e O Cáliz de Fogo) e contará coa presenza da actriz americana Jessica Alba.
O orfanato, entre o máis visto en Europa
O orfanato, de Juan Antonio Bayona, foi o quinto filme europeo mais visto na Unión Europea (UE) en 2007 con mais 4,27 millóns de entradas, nunha lista que encabezou a coproducción As férias de Mr. Bean con mais de 15,25 millóns de entradas, segundo o Observatório Audiovisual Europeo.
A obra de Bayona é a única obra española que figura na clasificación dos vinte filmes europeos mais vistas o ano pasado na UE, segundo a lista desta institución dependente do Consello de Europa e con sede en Estrasburgo.
A produción de filmes europeos rexistou un lixeiro incremento até as 921 longametrajes, impulsada sobre todo polo aumento da actividade en Franza e España, sinalou. No caso español, 2007 subpuxo un “ano sen precedentes” para a produción cinematográfica, segundo o Observatório, xa que se rexistaron 115 filmes totalmente españolas, un 9% mais que en 2006, e 30 coproducións con capital maioritário de España, un 6% mais.
Sen embargo, a asistencia ao cinema por parte dos españois baixou un 3,9% até os 116,93 millóns de entradas. O Observatório salientou que durante o ano pasado a asisténcia ao cinema na UE reduciu-se un 1,3% con 919 millóns de entradas vendidas, ainda que o cinema europeo recuperou parte da cuota de mercado, que se situou no 28,8%.
O cinema americano copou dezaoito dos vinte filmes mais vistos o ano pasado en Europa, unha lista que encabezou Harry Potter e a Orde do Fénix, que atraiu a case 38,40 millóns de europeos.
Dylan Dog ao cinema
O protagonista de Superman Returns, Brandon Routh, protagonizará Dead of Night, un filme baseado no cómic de terror italiano Dylan Dog, para a Hyde Park e a Platinum Studios.
Kevin Munroe dirixirá a partir dun libreto dos guionistas de Sahara, Joshua Oppenheimer e Thomas Dean Donnelly.
Dylan Dog é un cómic italiano de culto creado por Tiziano Sclavi para a casa Sergio Bonelli Editorial. Aparecido por primera vez en Itália en 1986, xa foi traducido a 17 línguas.
Routh interpretará a un detective privado que é arrastrado ao mundo dos non-mortos. O nome do seu persoaxe foi tomado do poeta Dylan Thomas. A caracterización gráfica (realizada por Claudio Villa) está inspirada no actor Rupert Everett. Ademáis de abstémio, o persoaxe de Dylan é tamén vexetariano, costume probábelmente debida ao seu grande amor polos animais. Tamén por isto, a sua imaxe foi utilizada en várias ocasións para campañas contra o abandono dos animais.

