A Pataky será a moza do Capitán Trueno

10 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Elsa PatakyXa está decidido, Elsa Pataky será Sigrid, a noiva do Capitán Trueno. As aventuras deste heroe de cómic comezarán a se rodar o ano próximo, ainda que non está prevista a súa estrea na grande pantalla até dentro de dous anos. O seu director, Pau Vergara, desvelou onte que o papel da protagonista feminina é para Pataky. “Pode-se dicir que a sua elección foi por aclamación. Todas as persoas que están implicadas no proxecto apoiaron a súa candidatura. Ela é quen dá mellor o perfil do personaxe“.

Vergara afronta un proxecto cobizoso baseado nun dos tebeos mais famosos de España, que comezou a se publicar en 1956 até 1968. O Capitán Trueno é un cabaleiro español da Idade Meia durante a Terceira Cruzada. Xunto a Goliath e Crispín, e en ocasións tamén con Sigrid, a sua noiva e raíña da illa de Thule, adíca-se a percorrer o mundo. O filme conta co apoio da Disney, que a semana pasada asinou un contrato polo cal se fará cargo da sua distribución tanto en España coma nos Estados Unidos.

Pataky xa participou noutro filme baseado nun cómic de grande éxito. Foi en Astérix nos Xogos Olímpicos, unha coprodución alemana, española, francesa e italiana, de Frédéric Forestier e Thomas Langma. Nela, a actriz aparecia xunto a Gérard Depardieu, Alain Delon e Clovis Cornillac.

Os cronocrimes na Internet

10 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Os CronocrimesOs videoxogos volven amosar unha vez mais o seu potencial non só como meio de entretemento en si mesmos, se non como ferramentas de publicidade e promoción para outras producións. Os cronocrímes, a primeira e laureada longametraxe de Nacho Vigalondo, trascende a grande pantalla antes da sua estrea e converte-se nun elaborado xogo interactivo multimédia.

Os cronocrímes, o xogo está deseñado en Flash. Para comezar, os usuários deben introducir o seu nome e un contrasinal, ficando rexistados na base de dados. Unha vez feito isto, a Web toma a fasquía do blog dun personaxe creado para este xogo: Marta, unha rapaza que case sen se decatar se verá envolta nunha investigación que a adianta.

O xogo ten memória, co que unha vez o usuário introduza o seu nome e sinal, todos os seus progresos ficarán rexistados. Asi poderá identificar-se tamén aos primeiros xogadores que superen as probas semanais e obteñan os prémios correspondentes.

Desde o ponto de vista do usuário, o xogo ten duas zonas principais: a própria web de Os cronocrimes, e a de Crystalia, a empresa fictícia na que traballou Marta. Ésta última, aparentemente, será unha Web corporativa normal, e nela, o xogador poderá sentir-se coma un hacker que debe averiguar contrasinais ou adentrar-se en seccións secretas para obter información confidencial. Información que lle será de soma utilidade á hora de conseguir regalos e aproximar-se ao prémio final: unha viaxe no tempo.

Esta iniciativo é orixinal en España pero lembra vivamente a outras emprendidas polas producións televisivas americanas de maior renome, coma Perdidos. Os seus guionistas crearan unha experiéncia virtual alternativa chamada The Lost Experience que tiña un prantexamento semellante ao de Os Cronocrimes.

Haberá secuela de Descent

10 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Poster do filmeA empresa inglesa independente Celador Films asociou-se coa francoinglesa Pathe para producir a secuela do éxito de baixo custe de ciéncia-ficción de Neil Marshall The Descent.

O filme orixinal acadou 57 millóns de dólares (37 millóns de euros) nos despachos de billetes, o que non está nada mal tendo en conta que a produción custou menos de 10 millóns. Producido por Marshall e Christian Colson, Descent 2 marcará o debut na dirección para o que no anterior filme foi tan só o editor, Jon Harris.

Baseada nun guión de James Watkins (My Little Eye), a secuela, que tamén contará cun orzamento de 10 millóns de dólares (6,5 millóns de euros) rodará-se ao longo de oito semanas en diferentes localizacións de Escócia e nos Estudos Ealing de Londres.

Os protagonistas do filme orixinal, Shauna MacDonald e Natalie Mendoza, repetirán os seus papeis, xunto a Gavan O’Herlihy, Joshua Dallas, Anna Skellern, Douglas Hodge e Krysten Cummings.

O argumento xirará ao redor da supervivinte, obrigada a regresar ao sistema de covas onde tivo que loitar no primeiro filme mentres tenta localizar ao resto dos seus compañeiros, que foron atacados por mutantes cegos que se refúxian no interior das covas.