Unha quinta entrega de Indiana Jones?

18 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Indiana Jones 4Nunha entrevista exclusiva á cadea Fox á que tivo acceso o noso enviado especial, George Lucas revelou que hai moi fortes posibilidades de que se rode unha quinta entrega da saga de Indiana Jones e dixo que el e mais o director Steven Spielberg deixaron a porta aberta para unha secuela de Indiana Jones e o Reino da caveira de cristal.

Lucas, engominado e cun elegante esmoquin, foi o convidado especial o pasado martes na festa da Paramount e da DreamWorks na estrea de Kung Fu Panda no 61º Festival de Cinema de Cannes. O evento tivo lugar no hotel Carlton, onde os estudos non puxeron límite ao gasto para recrutar médios de publicidade.

Lucas aproveitou para falar extensamente sobre o novo filme de Indy e sobre o futuro da saga: “Ainda non falei para nada con Steven nin Harrison disto“, dixo. “Pero teño a ideia de facer de Shia LeBeouf o persoaxe central para a seguinte vez e que Harrison Ford regrese tal e coma fixo Sean Connery no anterior filme. Coido que funcionará“.

E non é que Harrison vaia vello. Quero dicir, ten 65 anos e fixo de todo neste filme. A vella química está aí, e non parece un vello. É incríbelmente áxil, está millor mesmo que hai 20 anos, se mo preguntas“.

Lucas dixo que non está acougado polas críticas non demasiado positivas que xa colleitou o seu novo filme antes da estrea: “Esta película é exactamente a mesma experiéncia que as outras tres. A diferencia é que xa non hai novidade polo descobremento. Preocuparei-me cando escoite aos fans dicindo que agardan algo diferente que mude as súas vidas. Isto é Indiana Jones xuto coma o lembrábades“.

Lucas xa estivo antes nesta situación, cando reviviu e extendeu a saga da Guerra das Galáxias. A reconstrución da cuarta entrega (logo chamada Episódio 1), A ameaza pantasma, orixinou moitas críticas até que acadaron un nivel tal que foron reabsoridas e os tres novos episódios foron un grande éxito.

E ademáis, se a Caveira de Cristal acada bós récords cando se estree o vindeiro día 22, Lucas poderá ver o seu nome asociado a un cuarto título no top-ten dos filmes máis billeteiros de toda a história (e sería o segundo de Spielberg).

Á procura do protagonista do Alquimista

18 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O AlquimistaLaurence Fishburne dirixirá e actuará na versión cinematográfica de O Alquimista, o best seller mundial do brasileiro Paulo Coelho, e a produtora está a procurar en España e Latinoamérica ao actor que interpretará a Santiago, o protagonista.

Nunha rolda de prensa no marco do Festival de Cannes, o produtor Harvey Weinstein explicou que a sua compañía terá os dereitos exclusivos do filme tanto para cinema coma para televisión.

A rodaxe se desenvolverá en diversas localizacións en Europa e Oriente Medio, incluindo Xordania, Abu Dhabi e algúns lugares no norde de África.

Ademáis de Fishburne e do actor que encarnará a Santiago, a compañía indicou que espera anunciar axiña o nome doutras estrelas que se unirán ao reparto.

Producir persoalmente un proxecto é raro para min, pero levar O Alquimista á pantalla grande foi sempre o meu soño“, afirmou Weinstein.

Ao respecto, calificou a novela de “espiritual” e asegurou que está desexando sentar-se xunto a Fishburne para traballar no proxecto. “As pezas están agora no seu lugar para iniciar este proxecto“, engadiu.

Pola sua parte Fishburne sinalou que é un “proxecto especial que ten agora un equipo especial atrás para garantir que o seu camiño á pantalla grande se percorre co coidado que merece“.

Estou anceiando poder dirixi-lo, actuar nel e colaborar con Harvey Weinstein para producir unha marabillosa película que faga xustiza á enormemente exitosa novela de Paulo“.

O Alquimista vendeu 30 millóns de exemplares en todo o mundo e chegou ao número 1 de vendas en 18 países. O libro relata as aventuras de Santiago, un pastor que un día abandoa o seu rebaño para perseguir unha quimeira e atopa ao alquimista, interpretado por Fishbourne. O camiño fantástico que percorre o protagonista convírte-se supostamente na simboloxía da vida do ser humano.

A compañía Weinstein está actualmente en negociacións cun guionista gañador dun prémio Óscar para que realice a adaptación da novela. O orzamento do filme será de 60 millóns de dólares (38 millóns de euros).

Espírito do Bosque no Festival de Cannes

18 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O espírito do bosqueO filme de animación Espírito do Bosque, de David Rubín e J.C. Pena,  terceira longametraxe da factoría  Dygra Films, presentará-se esta semana no Mercado do filme do Festival internacional de cine de Cannes na súa  versión definitiva en inglés, que conta coas voces de Giovanni Ribisi, Ron Perlman e Anjelica Huston.

O  Marché du Film é o encontro de profesionais do audiovisual mais  importante do  mundo, que se realiza en paralelo ao Festival de cine francés. Aí se negocian acordos e e tratos como unha  plataforma profesional de negocio para a industria cinematográfica. En 2007 contou con mais de 10.500 participantes, incluídos 534 exhibidores.

A secuela de O bosque animado presenta de volta á topeira Furi nunha nova aventura, acompañado de Linda, as moscas Hu-Hu e Ho-Ho para protexer o bosque da señora D’Abondo, cunha clara mensaxe ecolóxica, acción e humor para toda a família.

A estrea nas salas españolas será o 5 de setembro da man da distribuidora Manga films. O filme xa foi vendido a 30 paises e contou cunha axuda de 295.000 euros da Consellaría de Cultura e Deporte.