Novos detalles dos filmes da Marvel

23 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Kevin FeigeKevin Feige, presidente da Marvel Studios, confirmou que a vindeira película The First Avenger: Captain America estará ambientada durante a Segunda Guerra Mundial, coma o cómic no que está baseado, e botou abaixo o rumor que apuntaba a que Matthew McConaughey ía interpretar ao super-heroe. Feige engadiu que o Capitán América axudará a promocionar un eventual filme sobre os Vingadores, que seguirá seis semanas despois

Feige tamén referiu-se ao filme de Thor, confirmando que terá lugar sobre todo en Asgard, o mítico reino nórdico dos deuses, e non no mundo real contemporáneo. Ademáis, dixo que a finais de verán saberá-se quen vai ser o director, que deberá contar cun guión que está a escribir Mark Protosevich (The Cell) e que estará rematado nun par de semanas.

As datas de lanzamento para os filmes de super-heroes da Marvel serán: Iron Man 2 (para o que pretenden contar de novo co director Jon Favreau) o 30 de abril de 2010, Thor o 4 de xuño de 2010, e The First Avenger: Captain America o 6 de maio de 2011. O filme dos Vingadores fica para o 1 de xullo de 2011.

A derradeira ecuación de Einstein

23 de Maio de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Albert EinsteinO director Sascha Penn adaptará a novela do debutante Stuart Gibbs The Last Equation para a Lionsgate. Nesta novela, o mistério rodea a Pandora, a derradeira ecuación de Albert Einstein. A ecuación Pandora tiña o potencial de resolver os problemas enerxéticos do mundo, pero simplificando tan drásticamente a produción de enerxía nuclear que calquera podería fabrica-la comodamente na súa própria casa, o que incluiría armamento atómico. Por mor dos riscos, Einstein agochou ou destruiu a ecuación antes da súa morte.

O filme terá lugar no presente, cando o governo ve-se obrigado a recrutar a un criminal fuxido da xustiza e mais a un xénio matemático para evitar que a ecuación caia nas mans equivocadas.