Propaganda antisoviética
Entre as escasas persoas que non teñen previsto ir ver Indiana Jones e o reino da caveira de cristal están os membros do afortunadamente pequeno partido comunista de Rúsia, que ven de condear o filme coma “propaganda antisoviética” e que “distorsiona a história” e pediu que fora prohibido nos cinemas rusos.
Novo libro de Manel Díez Román
Edicións Mandrágora ven de anunciar a publicación dunha novela dun dos colaboradores máis veteráns e queridos de NOVA FANTASIA, o escritor Manuel Díez Román, titulada Barcelona Blues.
Segundo a editorial, o seu argumento xira ao redor dunha Barcelona dividida en bárrios privados e murallas tras das que se agochan os cidadáns procurando protexer-se das bandas e a contaminación, mentres os disidentes son expulsados aos Territórios Libres. É unha sociedade balcanizada e caótica, onde prosperan as seitas e as crenzas máis diversas, tutelada de preto polo exército após da guerra do Magreb, ainda que o poder na sombra osténtano as corporacións transnacionais. Un policía, unha xornalista e mais un neurojockey verán como o seu futuro sufre un cámbio drástico ao se involucraren involuntáriamente nunha trama que pretende crear novas regras de poder na sociedade.
Manuel Díez Román (Barcelona, 1966) foi cofundador da revista electrónica Ad Astra. Ven colaborando con relatos e artigos en diversos fanzines e revistas tanto españolas como hispanoamericanas e ten publicada unha antoloxía de relatos de temática cyberpunk, na que é un auténtico mestre.
Fórum Fantástico 2008 em Lisboa
O Fórum Fantástico 2008 ocorrerá de 2 a 5 de Outubro, na Faculdade de Belas Artes de Lisboa (em pleno coração do Chiado). De novo organizado em colaboração com a Épica – Associação Portuguesa do Fantástico nas Artes, o FF2008 terá como responsáveis Rogério Ribeiro e Safaa Dib, a que se juntam este ano Ricardo Correia e Ana Baptista.
Marcando a quarta edição consecutiva do evento, o FF2008 vai voltar a proporcionar quatro dias cheios de iniciativas relacionadas com o género Fantástico, de novo no formato de quinta-feira a domingo.
Como nas edições anteriores, podem contar com um rico conteúdo, do que se faz lá fora e cá dentro nesta área. E para isso, estando neste momento o programa a ser elaborado, aceitamos também as vossas sugestões, que poderão ser enviadas para forumfantastico@gmail.com.
Indiana Jones 4 xa arrasa
Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, a cuarta entrega dunha das sagas máis célebres da história do cinema, chegou ao máis alto da billeteira dos EE.UU. durante a recente fin de semana do Día dos Caídos.
Segundo os cálculos da Paramount Pictures, a película recadou 101 millóns de dólares dende o venres e se se suma o xoves, día da sua estrea, os ingresos que xerou Indy acadan os 126 millóns de dólares (79 millóns de euros). A distribuidora do filme prevé que o luns, festivo nos Estados Unidos, acadarán outros 25 millóns de dólares, co que a recadación total para toda a ponte ascenderá a uns 151 millóns de dólares.
Con estas previsións, Indiana Jones obterá uns resultados espectaculares, se ben ficará por atrás dos 153 millóns de dólares que recadaron o ano pasado Johnny Deep e Orlando Bloom con Piratas do Caribe 3 durante a mesma fin de semana.
O récord absoluto manténo o terceiro episódio da Guerra das Galáxias con A vinganza dos Sith, a película máis billeteira de 2005.
As tres primeiras entregas de Indiana Jones recadaron 1.200 millóns de dólares en todo o mundo.
A moita distáncia de Indy situaron-se esta fin de semana O Príncipe Caspian, a segunda parte das Crónicas de Nárnia, cuns ingresos de 23 millóns de dólares, e Iron Man, que acadou 20,1 millónes.
Un actor de Harry Potter morre acoitelado
O xove actor do novo filme de Harry Potter que interpretaba a Marcus Belby, un estudante da casa Ravenclaw na escola Hogwarts, foi asasinado este sábado á porta dun bar de Londres cando acudiu na axuda do seu irmán pequeno, a quen lle querían roubar o móbil. Robert Knox, de 18 anos, foi asasinado a navalladas polo mesmo indivíduo que ameazara ao seu irmán, dous anos menor ca el.
Con Knox son xa vinteoito os adolescentes asasinados no que vai de ano no Reino Unido e dez en morrer por arma branca en Londres. Knox era membro do mesmo clube de rubgy que outro rapaz de dezaséis anos morto tamén a navalladas hai duas semanas no suleste da capital.
O indivíduo que feriu de morte ao xove actor se apresentou á porta do bar blandindo dous coitelos de cociña, ameazou aos se atopaban bebendo na rua e agrediu a vários deles, que resultaron feridos. Robert Knox tiña un pequeno papel no filme Harry Potter e o Príncipe Mestizo, que ainda non se estreou, e esperaba facer carreira como actor o mesmo có protagonista do personaxe principal, Daniel Radcliffe.
Un voceiro da produtora Warner Brothers dixo que a nova causara conmoción na empresa á vez que expresou as suas condoléncias á família. O voceiro da Policia Metropolitana de Londres anunciou a deteción do agresor, un indivíduo de 21 anos, e descartou que se tratase dun axuste de contas entre bandas rivais.
A oposición conservadora británica acusou aos laboristas de non ter feito ren para frear o incremento dos crimes con arma branca, que non deixaron de medrar nos últimos anos. A pena máxima por levar unha navalla nun lugar público é de dous anos no cárcere, que poden elevar-se a catro se o lugar é unha escola.
En 1997, un total de 4.466 persoas foron declaradas culpábeis de posesión dunha arma branca ou dun obxecto punzante en lugar público, cifra que medrou até 7.654 no 2006.
Novos detalles dos filmes da Marvel
Kevin Feige, presidente da Marvel Studios, confirmou que a vindeira película The First Avenger: Captain America estará ambientada durante a Segunda Guerra Mundial, coma o cómic no que está baseado, e botou abaixo o rumor que apuntaba a que Matthew McConaughey ía interpretar ao super-heroe. Feige engadiu que o Capitán América axudará a promocionar un eventual filme sobre os Vingadores, que seguirá seis semanas despois
Feige tamén referiu-se ao filme de Thor, confirmando que terá lugar sobre todo en Asgard, o mítico reino nórdico dos deuses, e non no mundo real contemporáneo. Ademáis, dixo que a finais de verán saberá-se quen vai ser o director, que deberá contar cun guión que está a escribir Mark Protosevich (The Cell) e que estará rematado nun par de semanas.
As datas de lanzamento para os filmes de super-heroes da Marvel serán: Iron Man 2 (para o que pretenden contar de novo co director Jon Favreau) o 30 de abril de 2010, Thor o 4 de xuño de 2010, e The First Avenger: Captain America o 6 de maio de 2011. O filme dos Vingadores fica para o 1 de xullo de 2011.

