A Estraña Emily

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Emily the StrangeA icona gótica de milleiros de adolescentes Emily the Strange será adaptada ao cinema grazas á Dark Horse Entertainment. O filme narrará a orixe do persoaxe e mais dos seus catro misteriosos gatos.

O patinador Rob Reger creou a este persoaxe nos anos 90 coa intención de utiliza-la en autocolantes, camisetas e monopatíns que vendería a súa empresa, Cosmic Debris. Dende aquela, Emily ven adornando unha ampla variedade de merchandising, incluindo xoguetes, accesórios escolares, e moitos aparellos. En 2005 apareceu por primeira vez nunha série de cómic editado pola Dark Horse Comics, Emily the Strange nº1: Chairman of the Bored. O persoaxe, que adoita apoarecer xunto aos seus catro gatos, converteu-se axiña nunha icona para as rapazas seguidoras do estilo gótico e nunha figura do anticonformismo feminino. Reger continúa a ser o director creativo do persoaxe e ún dos vários artistas responsábeis de Emily.

O presidente da Dark Horse Entertainment, Mike Richardson, supervisará o proxecto. Xa ten algunha experiencia no cinema de xénero porque foi o produtor dos dous filmes de Hellboy, así coma de 30 Days of Night. El e mais Reger están á procura dun director. A elección do realizador podería indicar de que tipo pode ser o filme: acción real, animación ou unha combinación de ambas as dúas. O proxecto ainda non ten o apoio de ningún estudo, ainda que a Universal ten moitas papeletas ao ser pareceiro noutros negócios coa Dark Horse.
Lér mais

Reparto para Shorts

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Jon CryerJon Cryer, William H. Macy, Leslie Mann e James Spader serán os protagonistas da vindeira comédia familiar de aventuras de Robert Rodriguez, Shorts. Rodriguez escribirá o guión, dirixirá e producirá este filme para a Warner Brothers. A produción escomezará axiña en Austin, Texas.

Jimmy Bennett, Kat Dennings, Trevor Gagnon, Leo Howard, Devon Gearhart, Rebel Rodriguez, Jake Short e Jolie Vanier tamén estarán entre os protagonistas da história.

Shorts está ambientada nun báriio das afóras onde todas as casas son iguais e todo o mundo traballa para a Black Box, un fabricante de aparellos de comunicación e toda caste de gadgets. O caos xurdirá cando un rapaz de 11 anos resulte golpeado na cabeza cunha rocha multicolor que fai cumprir os desexos de todo aquel que a posúa.

Rodriguez traballará asemade neste filme coma director de fotografía, editor e supervisor de efectos especiais.

A Súa Alteza

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Danny McBrideDanny McBride protagonizará a comédia fantástica Your Highness baixo as ordes do director David Gordon Green. Scott Stuber será o produtor por médio da súa empresa, unha filial da Universal. O comezo da produción está previsto para xaneiro de 2009.

McBride, que escribiu o guión xunto a Ben Best, interpretará a un arrogante e preguiceiro príncipe que debe completar unha procura para salvar o reino do seu pai.

É unha ideia moi orixinal para unha comédia que ten lugar nun reino con dragóns e meigos, con Danny no centro coma o irmán afastado que ten unha oportunidade de se probar a si mesmo“, dixo Stuber nunha entrevista á que puido acceder NOVA FANTASIA.

Os antigos compañeiros de coléxio Green e McBride xa colaboraran anteriormente no drama All the Real Girls, que foi o debut coma actor de McBride. El mesmo xa traballara anteriormente con Best na comédia The Foot Fist Way, na que interpretaba a un profesor de artes marciais nunha pequena vila. Actualmente está a filmar a versión para a pantalla grande de Land of the Lost, protagonizada por Will Ferrell e Anna Friel.

Comeza a rodaxe do Ninja Asasino

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

RainComezou a filmación de Ninja Assassin baixo a dirección de James McTeigue (V For Vendetta), segundo ven de anunciar a Warner Brothers. Matthew Sand e J. Michael Straczynski (Babylon 5) foron os co-autores do guión para este filme que producen Joel Silver e mais os irmáns Wachowski.

Ninja Assassin está protagonizado pola estrela coreana Rain (Speed Racer) coma a persoaxe principal, Raizo; Naomie Harris (Piratas do Caribe 3) no papel do investigador da Europol Mika Coretti; Ben Miles (V For Vendetta) no papel do axente da Europol Ryan Maslow; o lendário mestre das artes marciais Sho Kosugi (Revenge of the Ninja) coma o despiadado líder do clan Ozunu e por Rick Yune (Morre outro día) coma o rival de Raizo, Takeshi.

Ninja Assassin é a história de Raizo (Rain), ún dos máis letais asasinos do mundo. Recollido das rúas cando era neno, foi adestrado coma asasino polo clan Ozunu, unha sociedade secreta cuxa soa existéncia é considerada un mito. Pero enmeigado pola execución sen piedade do seu amigo polo clan, Raizo libéra-se e desaparece. Agora agardará, á espera da súa vinganza.

En Berlín, a axente da Europol Mika Coretti (Harris) ven de atopar un rastro de cartos vencellado aos asasinatos de políticos por unha rede de misteriosos asasinos do Lonxano Este. Desafiando as ordes do seu superior, Ryan Maslow (Miles), Mika investiga nos ficheiros secretos da axéncia para averiguar a verdade que hai após dos asasinos. A súa investigación convírte-a en diana do clan Ozunu, que envía a unha equipa de asasinos liderados polo letal Takeshi (Yune), para silencia-la para sempre. Raizo salva a Mika dos seusatacantes, pero sabe que o clan non acougará até que os dous sexan aliminados.

A fotografía principal ten lugar nos estudos Babelsberg e mais en várias localizacións por todo Berlín.

Adéus a outro veterán de Star Trek

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Robert H. JustmanRobert H. Justman, un produtor que foi unha das forzas creativas que había após da série orixinal de televisión de Star Trek dos anos 60, así coma da súa continuación nos 80 Star Trek: A seguinte xeración, ven de morrer en Los Angeles aos 81 anos de idade.

Justman finou o pasado día 28 de maio na súa casa por mor de complicacións derivadas do Parkinson que padecía, segundo dixo o seu fillo Jonathan á prensa.

A morte de Justman chega moi seguida á doutros colegas de Star Trek que se produciron tamén recentemente: Joseph Pevney, que dirixiu algúns dos episódios máis populare da série orixinal, e Alexander Courage, o compositor da música da saga.

Seica é coma se houber algunha grande convención de Star Trek e todo o mundo está a marchar“, dixo Jonathan Justman. “Todo o mundo está a ser teleportado“.

Coma produtor asociado, consultor técnico e ás veces coprodutor, Bob Justman exerceu unha notábel influenza en Star Trek dende os seus comezos en 1966 até 1969, cando a NBC cancelou a série. Estivo vencellado a todas as facetas da produción e mesmo botou unha man nos cástings, no deseño dos decorados e do vestiário, así coma nas liñas argumentais e nos guións.

A Derradeira Órbita

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

A capa do cómicA Platinum Studios ven de se asociar coa Valhalla Motion Pictures para converter o cómic de ciéncia-ficción Final Orbit nunha longametraxe para a pantalla grande. Russell Gewirtz (Inside Man) escribirá o guión.

A presidenta da Valhalla Gale Anne Hurd (Get Smart) e mais o presidente e conselleiro executivo da Platinum Studios Scott Mitchell Rosenberg serán os produtores.

Final Orbit, que aparecerá publicada pola Platinum Studios Comics a princípios do ano que ven, narra a história dunha lotería que dá a oportunidade de ir de vacacións e bordo dunha nova Estación Espacial Internacional. Pero a viaxe convírte-se nun pesadelo despois de que a estación resulte danada atrapando aos turistas nun módulo aillado e sen astronautas preparados para os axudaren.

Páxina seguinte »