A Estraña Emily

Categoría: Cinema, Cómic |

          0 votos

Emily the StrangeA icona gótica de milleiros de adolescentes Emily the Strange será adaptada ao cinema grazas á Dark Horse Entertainment. O filme narrará a orixe do persoaxe e mais dos seus catro misteriosos gatos.

O patinador Rob Reger creou a este persoaxe nos anos 90 coa intención de utiliza-la en autocolantes, camisetas e monopatíns que vendería a súa empresa, Cosmic Debris. Dende aquela, Emily ven adornando unha ampla variedade de merchandising, incluindo xoguetes, accesórios escolares, e moitos aparellos. En 2005 apareceu por primeira vez nunha série de cómic editado pola Dark Horse Comics, Emily the Strange nº1: Chairman of the Bored. O persoaxe, que adoita apoarecer xunto aos seus catro gatos, converteu-se axiña nunha icona para as rapazas seguidoras do estilo gótico e nunha figura do anticonformismo feminino. Reger continúa a ser o director creativo do persoaxe e ún dos vários artistas responsábeis de Emily.

O presidente da Dark Horse Entertainment, Mike Richardson, supervisará o proxecto. Xa ten algunha experiencia no cinema de xénero porque foi o produtor dos dous filmes de Hellboy, así coma de 30 Days of Night. El e mais Reger están á procura dun director. A elección do realizador podería indicar de que tipo pode ser o filme: acción real, animación ou unha combinación de ambas as dúas. O proxecto ainda non ten o apoio de ningún estudo, ainda que a Universal ten moitas papeletas ao ser pareceiro noutros negócios coa Dark Horse.

O argumento ainda está gardado en segredo, pero Reger dixo que ofrecerá algo da história de Emily e que aparecerán os seus catro gatos: Sabbath, Nee-Chee, Miles e Mystery. Tamén sairán 13 novos persoaxe con nomes coma Earwig, Umlaut, McFreeley e mais o oficial Summers. A história será adaptada asemade nunha novela xuvenil que publicará a HarperCollins o ano que ven.

Reger, influenzado polo Dr. Suess e por M.C. Escher entre outros nos seus deseños, dixo que a popularidade de Emily débe-se ao senso de moda punk do persoaxe, a limpeza e a calidade gráfica do seu deseño, aos seus acompañantes felinos e ao mensaxe de poder que ela representa.

Na vida todo o mundo, especialmente na adolescéncia, tentpou procurar-se a si mesmo e sentiu que non encaixaba“, dixo Reger. “Emily representa a esa persoa, pero baixo unha luz positiva. Ela prefire ser diferente e mirar ás cousas dun xeito de seu. É un grande modelo de comportamento para a xente para que pensen por si mesmos“.

E engadiu: “Foi ún dos meus moitos deseños que simplemente ficou. Lembro que tres anos despois de crea-la ainda pensaba: ‘A xente ainda fai pedidos da mesma camiseta!’ Ten que haber algo aí“.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

Relacionadas:

Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • A recentemente estreada Quantum of Solace levou-se esta pasada fin de semana a meridande parte dos espectadores que acodiron ás salas de cinema e recadou 70,4 millóns de dólares, case 30 millóns máis cá súa predecesora, o filme de 2006 Casino Royale.

  • A Faculdade de Ciéncias e Tecnoloxía da UPV deu a coñecer o nome do gañador do prémio Alberto Magno 2008. Santiago García Albás foi o gañador con La parte del Ángel mentres que o cubano José Miquel Sánchez foi o segundo con Espuelas de Microván.

  • Guillermo del Toro confirmou que está atrás do remake de O Orfanato e que está ademáis a engadir un novo proxecto á súa longuísima lista: Pinocho, que seica será un filme con monicreques de tamaño real.

  • Os irmáns Marlan e Shawn Wayans están a rematar o terceiro esbozo de guión para a súa versión da clásica sitcom dos anos 50 Os Munsters. Os guionistas, produtores e actores non participarán no reparto deste filme, descrito coma o reinício dos persoaxes clásicos.

  • As candidaturas aos Prémios do Cinema Europeo de 2008 foron presentadas este sábado en Sevilla e o filme español de terror O Orfanato acadou catro nominacións. O vindeiro 6 de decembro coñecerán-se os gañadores en Copenhagen (Dinamarca).

  • O Quantum of Solace de James Bond regresou esta fin de semana cun abraiante récord nos despachos de billetes de 38,6 millóns de dólares obtidos en Inglaterra, Franza e Suécia. O novo de 007 arrasou o anterior récord no Reino Unido que tiña Harry Potter e o Cáliz de Fogo con 25,3 millóns e obtivo nada menos ca o 70% do mercado de espectadores que acodiron ao cinema.

  • O remake que Rob Zombie fixo en 2007 do filme Halloween terá unha secuela. O produtor Malek confirmou os seus plans para unha segunda parte, coa preprodución agardada para o mes de xaneiro. A rodaxe escomezará en marzo.

  • Stephen Graham completará o reparto de actores para o filme de terror da Relativity Season of the Witch. Nicolas Cage e Ron Perlman serán os protagonistas deste filme cuxa rodaxe escomezará este mes en Áustria e Hungría.

    •