A Dreamworks sénta-se na Mesa Redonda

9 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Brian K. VaughanBrian K. Vaughan é un dos responsábeis da série Perdidos e un dos guionistas de cómics de moda na actualidade grazas a creacións coma Y: The Last Man, Runaways, Ex Machina ou Ultimate X-Men.

Agora Vaughan vendeu o seu guión Roundtable (Mesa redonda), unha comédia fantástica baseada na lenda do Rei Artur. A Dreamworks ven de pagar case un millón de dólares (630.000 euros) por unha história pola que se querían facer algúns dos grandes estudos de Hollywood.

Roundtable narrará como o Meigo Merlín ve-se obrigado a recrutar, para combater a un demo, a un grupo de cabaleiros… vidos da época actual. A decepción do Meigo será enorme cando comprobe que os persoaxes recrutados dende o século XXI, atletas famosos, científicos e actores, non son precisamente grandes guerreiros.

A Guerra Mundial Z

9 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

A Guerra Mundial Z, un best-seller de ciéncia-ficción escrito en 2006, é a aposta editorial do mes de maio da Almuzara. Tráta-se dunha obra de Max Brooks, fillo do director de cinema Mel Brooks, escrita coma se se tratara dun documental de ficción no que se narra a última guerra mundial que enfrentou a humanos e zombis. Paramount Pictures e a produtora de Brad Pitt realizan actualmente o proxecto para levar á pantalla grande esta história.