Raimi confírma-se para Spiderman 4
O director de Spiderman, Sam Raimi, dixo nunha rolda de prensa que está a agardar por un guión de James Vanderbilt (Zodiac, The Rundown) para a cuarta entrega da saga antes de se decidir se a fai ou non, ainda que lle gustaría. Ademáis, dixo que “odiaría” ter que atopar novos protagonistas para a nova entrega.
Comeza a rodaxe de Venres 13
Os produtores do vindeiro filme Venres 13, un relanzamento da franquía de asasinos e coitelos afiados que levará á história até as súas orixes, quixeron aclarar que o filme non será unha secuela e tampouco estritamente un remake da primeira película, coma aconteceu co recente relanzamento da franquía da Matanza de Texas. Porén, o filme incorporará elementos dos tres primeiros filmes de Venres 13 e incluirán un par de versións do asasino en série do machete, Jason Voorhees, o auténtico representante da franquía.
O produtor Andrew Form dixo que poderemos ver como e por que Jason fai-se coa máscara de porteiro de hoquei e cando a pon por primeira vez. O seu parceiro Brad Fuller engadiu: “Non se presentará coma unha história de orixes finalmente. Ese non é o nos oobxectivo, amosar como se pon a máscara. O obxectivo é poñer a un grupo rapaces en Crystal Lake, leva-los de volta a Crystal Lake, e facer que atopen a Jason Voorhees“.
Os produtores tamén queren narrar a história en flashbacks incluindo intres da vida do xoven Jason, así coma de Pamela (a nai de Jason), e explicar por que o filme se chama Venres 13, por qué Jason é un asasino en série, por que leva unha máscara e mais un machete, e como é que ronda o campamento de Crystal Lake.
Friday the 13th, a nova entrega da saga composta por 11 filmes, comezará a súa rodaxe o venres 13 de xuño e ten prevista a estrea para o venres 13 de febreiro de 2009.
DiCaprio será o fundador da Atari
10 de Xuño de 2008 por Editor
Arquivado como Cinema, Videoxogos
Leonardo DiCaprio será o produtor e protagonista do vindeiro filme biográfico baseado na vida do fundador da Atari, Nolan Bushnell. Escrito por Brian Hecker e Craig Sherman, Atari centrará-se na vida de Bushnell, ún dos pais fundadores da indústria dos videoxogos.
Bushnell e Ted Dabney fundaron Atari en 1972 e foron os pioneiros en ofrecer xogos arcade, consolas de videoxogos e computadoras persoais ás casas do grande público. Entre as maiores contribucións á indústria do entretemento desta empresa están o videoxogo Pong e mais o computador Atari 2600.
Ainda que os dereitos para adaptar a vida de Bushnell ao cinema levaban moito tempo sendo disputados por várias empresas interesadas, Hecker e Craig Sherman persuadiron ao pioneiro dos videoxogos para que lles deixaran escribir a súa história dun xeito que lle faga xustiza.
Kingsley será o vilán de Pérsia
Sir Ben Kingsley interpretará ao malvado na nova adaptación da Disney e Jerry Bruckheimer para a grande pantalla do videoxogo da Ubisoft Prince of Persia: The Sands of Time.
Neste filme fantástico de acción, Kingsley fará de Nizam, o maléfico persoaxe que urde un complot para asasinar ao seu irmán, o rei Shahrman, e culpar ao prícipe Dastan para se facer co trono.
Jake Gyllenhaal interpreta ao príncipe, mentres que Gemma Arterton e Alfred Molina completan o reparto.
A rodaxe deste filme comezará en xullo en Marrocos e en Inglaterra baixo a dirección de Mike Newell. A estrea está prevista para o ano que ven.
Zetumer, guionista para Dune
Joshua Zetumer está en negociacións para escribir o guión da nova película baseada no clásico Dune, a novela épica de ciéncia-ficción de Frank Herbert, para a Paramount Pictures.
A novela, gañadora dos prémios Hugo e Nebula en 1965, é a primeira dunha saga que comprende seis tomos sobre o control nun mundo futuro dunha prezada espécia chamada melange que só se pdoe atopar no planeta desértico de Arrakis. A primeira vez que foi adaptada ao cinema foi da man de David Lynch en 1984, nunha produción que resultou ser un desastre na crítica, ainda que seica a Herbert gustou-lle. En 2000 converteu-se nunha minisérie para a televisión, que emitiu o SCI FI Channel.
Kevin Misher está a producir a nova versión a través da súa empresa, unha filial da Paramount. O fillo de Herbert, Brian, e mais Kevin J. Anderson, que xa escribiron xuntos várias novelas adicionais á saga orixinal, serán os coprodutores. Peter Berg está vencellado coma director.

