O relato de J.K. Rowling vénde-se por 31.000 euros

11 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Libros

J.K. RowlingO relato escrito pola creadora de Harry Potter, J.K. Rowling, que ésta doara para unha poxa en Londres con fins benéficos, foi axudicado o martes por 49.000 dólares (uns 31.000 euros).

O texto, que ten 800 palabras, constitúe unha precuela do seu famoso neno meigo, e o seu contido ficou en segredo  até agora.

Para a poxa os organizadores pediron a vários escritores ingleses, coma Sebastian Faulks, a Prémio Nobel de Literatura, Doris Lessing, ou Margaret Atwood que aportaran un manuscrito escrito por eles.

Dende o princípio confiába-se en que a obra doada por Rowling, que hai só un ano anunciou que non escribiría ningún outro libro de Harry Potter até que pasaran alomenos dez anos, vendería-se a un prezo moi alto.

Esta vez, nombergantes, non acadou os 2,7 millóns de euros que se pagaran noutra poxa por unha série de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola novelista.

O recadado será destinado a English PEN, unha organización que apoia a literatura para un millor entendemento entre culturas, e para Dyslexia Action, que axuda ás persoas con problemas de disléxia.