O Apocalipse xa está aquí
Seth Rogen e Jay Baruchel protagonizarán a comédia de acción Jay and Seth vs. the Apocalypse para a Mandate Pictures. O filme está baseado nunha curtametraxe dos guionistas de Superbad, Rogen e Evan Goldberg, que á súa vez está baseada nunha história de Goldberg e Jason Stone. Rogen e Goldberg escribirán e producirán a longametraxe.
Várias empresas produtoras dispútan-se os dereitos da comédia, que vai sobre dous guichos que teñen que loitar contra o Apocalipse. O pasado verán, o proxerto causara moita polémica na blosfera cando apareceu un tráiler do filme en YouTube.
O presidente da Mandate, Nathan Kahane, será o produtor executivo do filme, xunto con Stone e Baruchel. Mandate quere que a produción dea comezo en 2009.
Festival de curtametraxes Marienbad
Até o domingo 22 de xuño está aberta a participación no festival de curtametraxes fantásticos Marienbad que organiza a Asociación Videoclub Mistério da Coruña coa axuda do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), centrado nos xéneros fantastico e/ou experimental.
As curtas apresentadas a concurso poderán ser de calquera xénero (Acción, Animación, Ciéncia-Ficción, Documental, Comédia, Suspense, Terror, Experimental…) e deberán enviar-se ao Festival de Curtametraxes Marienbad, na Avenida Sardiñeira Nº 28 1º, 15007 (A Coruña). A presentación dos finalistas dará-se a coñecer o día 23 na Web www.marienbad.es e os gañadores o 30 de xuño na mesma Web e mais nunha gala celebrada o 27 dentro do Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña (CGAI).
Dentro da sección non competitiva proxectarán-se curtas de ciéncia-ficción, terror e distintas vertentes do fantástico: Reciclaje (Juanjo Iglesias, 2007), Yo y sus geranios (Paco Cavero, 2007), La habitación contigua (Daniel Romero e Raúl Garán, 2007), Go’ El (F. Calvelo, 2007) e Avant Petalos Grillados (Velasco Broca, 2007).
As Sete Marabillas
Atom Egoyan escribirá o guión e será o director de Seven Wonders, un filme sobre un triángulo amoroso que misturará realidade de fantasía.
O proxecto vai sobre unha muller chamada Pandora que, após do fracaso da súa relación, ve-se mergullada noutra relación entre unha directora comercial e mais o seu mozo, seguindo á directora mentres roda anúncios das Sete Marabillas do Mundo. As dúas mulleres coñécen-se online, chegando á ambigüidade no senso de que non se saberá se algunhas das interacións acontecen na realidade ou na imaxinación de Pandora.
“É unha história íntima que só pode desenvolver-se nun lenzo grande“, dixo Egoyan á prensa. “As Sete marabillas son un escape da nosa vida, lugares onde podemos crér nalgo máis grande“.
O director producirá o filme a través da súa empresa afincada en Toronto, a Ego Film Arts.
Os Pitufos toman forma
A Columbia Pictures e mais a Sony Pictures Animation veñen de se facer cos dereitos cinematográficos para a franquía dos populares debuxos animados dos Pitufos da Lafig Belgium. Jordan Kerner (Charlotte’s Web) producirá o filme, que combinará elementos de acción real e de animación. David Stem e David Weiss, que escribiron a segunda e máis a terceira entregas de Schrek, están en negociacións para se encargaren do guión.
Kerner xa se fixera cos dereitos para o cinema dos Pitufos en 2002 e estivo desenvolvendo un filme en 3D coa Paramount/Nickelodeon, que agora terán unha opción para cofinanzar as novas andanzas dos pequenos seres azuis e distribui-los internacionalmente.
Os Pitufos foron creados en 1958 polo debuxante belga Pierre Culliford, coñecido en todo o mundo polo alcume de Peyo. Os Pitufos (orixinalmente, “Les Schtroumpfs” en francés), creáron-se coma série de cómic, primeiro coma persoaxes secundários. Actualmente son unha franquía coñecida en todo mundo, utilizados en merchandising de toda caste e cunha série de debuxos animados producida pola Hanna Barbera e emitida dende 1981 a 1990.
Kerner dixo que a xénese do actual proxecto comezou durante unha conversa en vacacións co presidente e CEO da Sony Pictures Entertainment, Michael Lynton, un admirador dos Pitufos dende neno. Xunto co presidente da Lafig, Hendrik Coysman, e Veronique Culliford, a filla de Peyo, leva vários anos traballando neste proxecto.

