O millor cinema da AFI
A AFI (Instituto de Cinema Americano) fixo públicas as dez millores películas americanas dos últimos cen anos en diversos xéneros, entre os qeu se atopan a ciéncia-ficción, a fantasía e mais os debuxos animados, no decurso dunha gala celebrada o pasado sía 17 e que foi retransmitida pola televisión. Un xurado composto por 1.500 artistas de cinema, críticos e historiadores decidiron que estas son as millores películas:
Ciéncia-Ficción:
- 2001: Unha Odiseia do espazo (1968)
- Star Wars: Episódio IV - Unha nova esperanza (1977)
- E.T.: O Extra Terrestre (1982)
- A Laranxa Mecánica (1971)
- Ultimato á Terra (1951)
- Blade Runner (1982)
- Alien (1979)
- Terminator 2: O día do xuizo (1991)
- A Invasión dos ladróns de corpos (1956)
- Regreso ao futuro (1985)
Debuxos Animados
- Brancaneves e os Sete ananiños (1937)
- Pinocho (1940)
- Bambi (1942)
- O rei león (1994)
- Fantasía (1940)
- Toy Story (1995)
- A Bela e a Besta (1991)
- Shrek (2001)
- Cincenta (1950)
- Atopando a Nemo (2003)
Fantasía
- O Meigo de Oz (1939)
- O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel (2001)
- Que belo é vivir (1946)
- King Kong (1933)
- De ilusión tamén se vive (1947)
- Campo de soños (1989)
- Harvey (1950)
- O día da marmota (1993)
- O ladrón de Bagdad (1924)
- Big (1988)
Portugal em Debate
O Instituto de Ciências Sociais da Universidade de Lisboa irá promover um debate sobre História Alternativa de Portugal nos dias 26 e 27 deste mês, para análise da história recente do país (1908-2004) e das consequências que poderiam ter acontecido se determinado evento não tivesse ocorrido.
Especulações sobre a possibilidade de não ter havido o regicídio, se não tivesse ficado neutrais na 2ª Guerra Mundial, se não tivesse existido o 25 de Abril, irão por em causa o rumo da história do nosso país vizinho e mostrar, pensamos, o quão dependente destes pequenos e grandes eventos é a circunstância da sua presença nesta conjuntura actual.
Entre os oradores encontram-se Rui Ramos e Fernando Martins, organizadores do evento, João Ferreira do Amaral, Jaime Nogueira Pinto, e outras personalidades de destaque. Os resultados deste debate serão publicados posteriormente pela Tinta-da-China. Matéria sem dúvida para um sem-número de ficções, as quais poderiam constar de um volume posterior.
The Last Call, outra adaptación ao cinema
A série de novelas graficas The Last Call, do autor Vasilis Lolos e editadas pola Oni Press, será levada á pantalla grande e desenvolvida pola Universal Studios. Evan Spiliotopoulos será o encargado de adaptar as novelas graficas.
The Last Call céntra-se en dous rapaces que viaxan en coche sen permiso e que son golpeados por un tren, que é en realidade un portador de almas interdimensional. Eles atoparán-se atrapados no tren sen posibilidade de escapar e sen billete, o cal será un problema cando o condutor do tren comeza a se recuperar. Na súa procura dunha saída descubrirán pistas que os levaran até os vagóns máis profundos do tren pero tamén no camiño dun asasino.
Coma avance, xa que a novela gráfica non está editada en Galiza, podedes ler as primeiras 38 páxinas da mesma no sítio Web da Oni Press.
Unha novela de Neil Gaiman, aos videoxogos
19 de Xuño de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
O aclamado escritor de cómics e novelas Neil Gaiman, autor de obras tan prestixiosas coma Sandman, verá como unha das suas creacións será convertida nun videoxogo.
A obra en cuestión será a novela Coraline, que chegará ás consolas de sobremesa e ás portátiles inspirándo-se sobre todo na longametraxe homónima que está prevista para 2009.
A historia narra como unha nena descubre unha porta máxica a outro mundo que é o dobre do seu, cun dobre da sua casa e mesmo dos seus pais, pero todo cun toque máis sinistro do normal. Entre os moitos detalles arrepiantes do mundo paralelo, todas as persoas teñen botóns cosidos sobre os ollos.
Ao se tratar dunha licencia cinematográfica, é moi probábel que o xogo vexa a luz en 2009, con pouca diferenza de tempo respeito á estrea da película.
Finalistas dos prémios Sturgeon e Campbell
Veñen de se anunciar os finalistas para os prémios deste ano Memorial Theodore Sturgeon, que se concede ao millor relato, conto longo ou novela breve de ciéncia-ficción nos Estados Unidos. O galador do prémio, que leva o nome do lendário autor de ciéncia-ficción, será anunciado no decurso da Conferéncia Campbell 2008, a celebrar do 10 ao 13 de xullo en Lawrence, Kansas.
Os finalistas son “The Forest” de Laird Barron, “Tideline” de Elizabeth Bear, “The Merchant and the Alchemist’s Gate” de Ted Chiang, “The Dreaming Wind” de Jeffrey Ford, “Always” de Karen Joy Fowler, “The Tomb Wife” de Gwyneth Jones, “The Last American” de John Kessel, “The Master Miller’s Tale” de Ian R. MacLeod, “Finisterra” de David Moles, “Baby Doll” de Johanna Sinisalo e “Memorare” de Gene Wolfe.
Ainda que había outra história máis nominada, “The Evolution of Trickster Stories Among the Dogs of North Park After the Change” de Kij Johnson, tivo que se rexeitar polo mesmo escritor, que forma parte do xurado dos prémios.
Pola súa banda, os finalistas dos prémios deste ano Memorial John W. Campbell, outorgados á millor novela de ciéncia-ficción, son HARM de Brian Aldiss, The Yiddish Policeman’s Union de Michael Chabon, In War Times de Kathleen Ann Goonan, The New Moon’s Arms de Nalo Hopkinson, Mainspring de Jay Lake, The Execution Channel de Ken MacLeod, Brasyl de Ian McDonald, Time’s Child de Rebecca Ore, Bad Monkeys de Matt Ruff, Rollback de Robert J. Sawyer, Zig Zag de Jose Carlos Somoza, The Margarets de Sheri S. Tepper, Deadstock de Jeffrey Thomas e Axis de Robert Charles Wilson.
Black, fóra de Man-Witch
Jack Black ven de desembarcar no proxecto da comédia sobrenatural Man-Witch da Warner Brothers. Os estudos confirmaron que Black non será o protagonista do filme, que vai sobre un home que descubre que ten poderes de meigo e remata como profesor aprendendo a nenas nun coléxio especial para meigas. As nosas fontes din que houbo problemas persoais entre o director Todd Phillips e mais o axente de Black.

