0 votos

Hiding in TimeA Warner Brothers ven de se facer cos deretos sobre a minisérie de catro números do cómic Hiding in Time, co guionista Beau Thorne adaptando esta saga de banda deseñada de ciéncia-ficción. Dan Lin será o produtor a través da súa empresa Lin Pictures.

A história está ambientada nun futuro non demasiado lonxano no que o Programa de Protección de Testemuñas utiliza as viaxes no tempo para relocalizar ás súas testemuñas no pasado para mair seguranza.

Cando o programa se vexa en dificultades, un científico do governo deberá viaxar atrás no tempo a través dos grandes intres da história para que un ladrón poida rescatar a un vello compañeiro das poutas duns desalmados asasinos enviados tamén trás no tempo polo seu antigo xefe.

O cómic, creado por Christopher Long e ilustrado por Ryan Winn, foi publicado nos Estados Unidos pola Image Shadowline.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 

Relacionadas:

Novas relacionadas


Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • O Cabaleiro Escuro converteu-se no segundo filma na história de Hollywood en chegar aos 500 millóns de dólares de recadación só nos Estados Unidos. A secuela de Batman acadou o récord na metade de tempo que Titanic, que tivo que agardar tres meses para chegar a esa cifra.

  • Ted Raimi (Spiderman 3), o actor que é ademáis irmán do director e produtor executivo da série de TV Legend of the Seeker Sam Raimi, será a estrela convidada nun vindeiro episódio da série de fantasía. Ted Raimi aparecerá no cuarto episódio da série no papel de Sebastian, un cartógrafo experto ademáis na cartogramáncia, o antigo arte de predicir o futuro baseándo-se nos mapas enmeigados.

  • Ven de se lanzar á venda en toda España da man de Edicións Altaya a colección El Sorprendente Mundo de Terry Pratchett, que pón a dispor do lector un total de 29 títulos, a meirande parte pertencentes aos seu aclamado mundo de fantasía humorística: Mundodisco. O primeiro libro da colección, O color da máxia, publíca-se ao prezo de 2,99 euros, e cadaún dos restantes volumes a 7,99 euros cada entrega, cunha periodicidade semanal.

  • Segundo apuntan os últimos rumores, o director ucraíno Vadim Perelman está en conversas para se encargar do remake do filme Poltergeist, que foi anunciado oficialmente este mes. No pasado xa estivo vencellado a outros proxectos coma Atlas Shrugged ou The Talisman, pero o seu nome foi sempre eliminado das listas de candidatos.

  • O protagonista de Expediente X David Duchovny ven de ingresar voluntáriamente nunha clínica de rehabilitación por mor da súa adicción ao sexo. O curioso do tema é que o actor está a interpretar na súa actual série Californication a un persoaxe con ese tipo de adicción.

  • Steven Moffat, gañador do prémio BAFTA polos guións da série Doutor Who, ven de revelar que podería estar en preparación o chimpo do persoaxe á pantalla grande. Esta saga televisiva é moi popular en Inglaterra, onde debutou en 1963, e foi emitida hai máis dunha dúcia de anos pola TVG, cando a canle autonómica ainda tiña unha programación decente.

  • A Rogue Pictures ven de lle dar a luz verde á produción dunha secuela do seu recente éxito The Strangers, para o que contará novamente co director e guionista Bryan Bertino. Tamén agardan poder contar coa actriz Liv Tyler de nuevo. A primeira parte deste filme debutará en España o 19 de setembro.

  • Woody Harrelson será o protagonista da nova comédia de terror Zombieland, un filme que contará cun guión escrito pola equipa composta por Rhett Reese e Paul Wernick (The Joe Schmo Show), e que vai sobre un par de supervivintes nun mundo dominado polos zombis. Harrelson interpretará a un loitador contra os zombis chamado Albuquerque. Ruben Fleischer dirixirá este filme para a Columbia Pictures.

    •  

  • Publicidade