0 votos

MetrópoleA versión orixinal da obra mestra do cinema mudo alemán, Metrópole, que se daba por perdida, reapareceu en Berlín, tras unha rocambolesca viaxe via Buenos Aires.

Si, é material do auténtico Metrópole, coñezo o filme e non hai dúvida“, explicou á presa Martin Koerber, restaurador da versión até agora coñecida desa xoia da história do cinema e un dos tres peritos que inspeccionaron o material.

Trata-se de escenas dadas por perdidas dende hai décadas, que oferecen unha perspectiva “distinta” da parábola futurista de Fritz Lang.

Esta cópia de Metrópole tal e como Fritz Lang a apresentou en 1927, ten múltiples riscaduras, posto que non pasou polas mans dun restaurador, o que non saca, a ollos do perito, que o que se resgatou sexa un tesouro do cinema.

Como foi a parar a Buenos Aires é algo que non podo dicir-lle. É exclusiva de ‘Die Zeit’, unha história misteriosa pola que pagarán o seu. Mañá terá-a vosté e todos os leitores na sua versión completa no quiosque“, bromea Koerber desde o seu móbil, en conversa desde Boloña, onde asiste a un festival de cinema mudo.

A história enchida de suspense da reaparición de Metrópole arrinca cando a directora do Museu do Cinema de Buenos Aires, Paula Félix-Didier, chegou á redacción de Die Zeit coa versión íntegra do filme desaparecido 80 anos atrás. Aí estaban tres peritos convidados pola publicación e dispostos a cotexar o material. Os tres deron-lle rango de achado sensacional.

Trata-se, seica, da versión que Lang apresentou en xaneiro de 1927 en Berlín. A história é coñecida: Metrópole, a cidade futurista onde os traballadores viven baixo terra e onde o fillo do explotador se namora dunha rapaza operária.

Asi se apresentou e asi se viu en Berlín até maio dese mesmo ano. Entón perdeu-se, até que reapareceu fai unha semana para os peritos da Filmoteca alemá, na redacción de Die Zeit, onde chegou na equipaxe da directora do museu bonaerense.

Segundo a reconstrución dos feitos de Die Zeit, o resgate do material débe-se, en primeiro lugar, a Adolfo Z. Wilson, da distribuidora Terra, que se levou a Buenos Aires unha cópia para a amosar nos cinemas arxentinos. Das suas mans pasou ás de Manuel Peña Rodríguez, un coleccionista privado, que nos 60 a vendeu ao Fondo Artístico Nacional, seica descoñecendo o seu valor. A cópia foi a parar en 1992 ao Museu bonaerense, cuxa dirección asumió o pasado xaneiro Paula Félix-Didier.

Foi visionando de novo a cópia cando a directora se decatou da extraordinária duración do filme, moito maior do que consta na versión até agora dada por boa. Aí descobriron, ela e outros peritos arxentinos, as prezadas escenas perdidas.

Félix-Didier queria, segundo Die Zeit, que o achado saltase á luz en Alemaña, o lugar onde traballou Lang. Un contacto cunha redactora da prestixiosa publicación alemá fixo o resto.

As escenas agora recuperadas son “esenciais” para a comprensión do filme. Non só se entende por fin o papel dalgúns dos protagonistas, senón que ademais gaña en dramatismo a salvación dos nenos desde a cidade dos traballadores.

Hai que ver o filme de novo“, aponta Rainer Rother, director da Filmoteca de Berlín e da sección Retrospectiva da Berlinale.

Entretanto, o director da Fundación Friedrich Wilhelm Murnau, que ten os dereitos sobre Metrópole, pediu un tratamento “responsábel” da cópia recuperada, para que chegue ao público da forma axeitada.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 

Relacionadas:

Novas relacionadas


Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • O filme sueco Déixa-me entrar (Let the Right On In), de Tomas Alfredson, foi premiado onte co Méliès de Ouro á millor produción fantástica europea do ano. Tamén é un dos títulos favoritos na Sección Oficial a concurso do Festival de Sitges. Hoxe venres estará na Sección Oficial a española Prime Time, do debutante Luis Calvo Ramos, unha rebiricada visión dos reality show tipo Grande Irmán. Mañá sábado coñecerá-se o palmarés desta 41 edición do Festival: na gala de clausura proxectará-se City of Ember, filme familiar de aventuras e ciéncia-ficción que conta con Saoirse Ronan, Tim Robbins e Bill Murray no reparto.

  • Gerard Butler, estrela de 300, está a ser investigado por unha presunta agresión a un fotógrafo, dixo unha voceira da policía de Los Angeles. O fotógrafo seguira a Butler no seu automóbil despois de que o actor saira dun bar e presentou un informe policial acusando a Butler, de 38 anos, de bater nel repetidas veces na face durante unha rifa o martes á mañán. O fotógrafo engadiu que Butler deixou logo o vehículo e lle propinou tres ou catro golpes, que lle fixeron ir a un hospital para recebir puntos nos beizos.

  • M. Night Shyamalan revelou que está a considerar a posibilidade de traballar nunha secuela do seu éxito Unbreakable (O Protexido). O director dixo que ainda ten que escribir un guión, pero que ten que face-lo "polos motivos correctos", e que "en canto abandoe o proxecto, chegarán-me as ideias".

  • O actor David Duchovny, o axente Mulder de Expediente X, ven de abandoar a clínica de rehabilitación onde ingresara o pasado mes de agosto por mor da súa adición ao sexo. Segundo afirmou o seu representante, "David cumpriu o seu tratamento e está rehabilitado. Ademáis vai empezar rodar unha nova película".

  • O xurado do undécimo Prémio Manuel de Pedrolo ven de declarar o prémio deste ano deserto. Segundo o voceiro, Miquel Barceló, "ningún dos orixinais tiña calidade abondo para ser proclamado gañador, polo cal e despois de intensas deliberacións, o xurado preferiu deixa-lo deserto". Este é o primeiro ano que este prémio, o principal en língua catalana adicado á narrativa de ciéncia-ficción, fica desierto.

  • Os fans de Superman recadaron 100.000 dólares para salvar a casa en ruinas de Cleveland onde hai máis de 70 anos foi creado o Home de Aceiro polo guionista Jerry Siegel e mais o debuxante Joe Shuster. Os cartos foron recadados ao longo dun mes grazas a unha inciativa do novelista Brad Meltzer e a un programa na canle de televisión NBC. Ainda que o obxectivo eran 50.000 dólares, finalmente recadou-se máis do dobre, o que se aproevitará para reformar a casa por dentro e por fóra.

  • O festival "Obuxo, Festival de Cine Extraño y Agroterror", que se desenvolveu en Huesca (España) do 29 ao 31 de agosto, outorgou o segundo premio a Da man da Raíña Vermella de Omar Rabuñal, unha curtametraxe galega experimental que aborda a multidimensionalidade do tempo dentro dunha estrutura de thriller fantástico.

  • Onte 25 de setembro ás cinco da tarde (coma non podía ser menos, tratándo-se de España) arrincou en Almería a 26ª edición da convención nacional do xénero fantástico español, a Hispacon. A inauguración oficial tivo lugar ás 7 e média do serán baixo a presidéncia do Reitor da Universidade de Almería Pedro Molina e mais o escritor José Carlos Somoza.

    •  

  • Publicidade