0 votos

39 CluesDreamworks, a produtora de Steven Spielberg, ven de adquirir os dereitos para o cinema de The 39 clues (As 39 pistas), unha série de 10 libros xuvenís de xénero fantástico. Disque Spielberg está a se prantexar dirixir el mesmo a versión cinematográfica. Polo de agora está a procura dun guionista.

The 39 clues é un proxecto de 10 libros, editados pola misma editorial que publicou a saga completa de Harry Potter, e que conta cuns persoaxes fixos, pero escritos por diferentes autores. O primeiro, The maze of bones de Rick Jordan, publicará-se en setembro. Tráta-se dunha história multimédia, que inclúe cartas coleccionábeis e mais un xogo online, no que os nenos teñen que resolver un mistério, cun prémio final de 10.000 dólares (6.200 euros).

A história de 39 clues céntra-se nos Cahills, a família máis poderosa do mundo, entre cuxos membros están Napoleón ou Houdini. Dous nenos investigan 39 pistas, repartidas por diversos países, co fin de atopar a orixe do poder dos Cahill. Precisamente os lectores deben seguir 39 pistas, que irán aparecendo nos libros, para gañar o prémio.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

Relacionadas:

Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • A recentemente estreada Quantum of Solace levou-se esta pasada fin de semana a meridande parte dos espectadores que acodiron ás salas de cinema e recadou 70,4 millóns de dólares, case 30 millóns máis cá súa predecesora, o filme de 2006 Casino Royale.

  • A Faculdade de Ciéncias e Tecnoloxía da UPV deu a coñecer o nome do gañador do prémio Alberto Magno 2008. Santiago García Albás foi o gañador con La parte del Ángel mentres que o cubano José Miquel Sánchez foi o segundo con Espuelas de Microván.

  • Guillermo del Toro confirmou que está atrás do remake de O Orfanato e que está ademáis a engadir un novo proxecto á súa longuísima lista: Pinocho, que seica será un filme con monicreques de tamaño real.

  • Os irmáns Marlan e Shawn Wayans están a rematar o terceiro esbozo de guión para a súa versión da clásica sitcom dos anos 50 Os Munsters. Os guionistas, produtores e actores non participarán no reparto deste filme, descrito coma o reinício dos persoaxes clásicos.

  • As candidaturas aos Prémios do Cinema Europeo de 2008 foron presentadas este sábado en Sevilla e o filme español de terror O Orfanato acadou catro nominacións. O vindeiro 6 de decembro coñecerán-se os gañadores en Copenhagen (Dinamarca).

  • O Quantum of Solace de James Bond regresou esta fin de semana cun abraiante récord nos despachos de billetes de 38,6 millóns de dólares obtidos en Inglaterra, Franza e Suécia. O novo de 007 arrasou o anterior récord no Reino Unido que tiña Harry Potter e o Cáliz de Fogo con 25,3 millóns e obtivo nada menos ca o 70% do mercado de espectadores que acodiron ao cinema.

  • O remake que Rob Zombie fixo en 2007 do filme Halloween terá unha secuela. O produtor Malek confirmou os seus plans para unha segunda parte, coa preprodución agardada para o mes de xaneiro. A rodaxe escomezará en marzo.

  • Stephen Graham completará o reparto de actores para o filme de terror da Relativity Season of the Witch. Nicolas Cage e Ron Perlman serán os protagonistas deste filme cuxa rodaxe escomezará este mes en Áustria e Hungría.

    •