Del Toro abre as portas da Terra Média

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Guillermo del ToroAs portas da Terra Média están abertas para calquera que demostre ser fan abondo da obra de J.R.R Tolkien como para se gañar a honra de pasear xunto a personaxes míticos coma o meigo Gandalf, o hobbit Bilbo ou Aragorn. O director de O Hobbit Guillermo del Toro revelou que ten a intención de montar un concurso para que os fans da obra de Tolkien podan participar como extras no filme e viaxar a Nova Celanda para compartir planos con elfos, magos, orcos ou ananos na precuela de O Señor dos Anéis.

Montaremos algun concurso ou algunha competición e seguro que alguns fans terán a posibilidade de se converter en extras no filme. Corran e pidan eses papeis!“, exclamou Del Toro, que tamén revelou algúns detalles dos filmes insistindo que lle gostaria contar cos actores da triloxia orixinal coma Viggo Mortensen, Elijah Wood, Orlando Bloom ou Cate Blanchett ainda que, por esixéncias do guión, os seus papeis serán moito mais pequenos no Hobbit.

Uns cameos que agradecerán os fans e que terán rédea solta no segundo filme, que ainda non ten título e que segundo revelou o director “non será O Hobbit 2“. Unha segunda fita na que Del Toro, da man do director da triloxía Peter Jackson, que nesta ocasión é o produtor executivo, percorrerán os 60 anos que separan a história de O Hobbit da de O Señor dos Anéis.

Estamos por nos meter coa história e o guión, e comezaremos despois de nos xuntar entre todos, mostrar-nos as nosas notas, ler e falar“, afirma Del Toro, que promete que o guión que el e máis Jackson inventarán para cobrir este lapso temporal responderá ao espírito da obra de Tolkien.

Precisamente interrogado sobre se Jackson lle deu algún consello para afrontar este mastodóntico proxecto que lle terá ocupado durante catro anos en Nova Celanda, Del Toro non dubidou en afirmar que o único que lle lle dixo é que adelgace un pouco. “Dixo-me: perde peso, ho, porque non vas sobrevivir se estás tan gordo“, confesou o cineasta mexicano. O Hobbit estreará-se nos nadal de 2011 e xusto un ano mais tarde verá a luz a sua secuela.

Ciclo de Fritz Lang no CGAI

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Fritz LangSegundo nos informa o noso benquerido colaborador Afonso Xabier Canosa Rodriguez, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) ten programado un ciclo titulado Fritz Lang: Fitos da súa etapa alemá e adicado ao clásico director de cinema Fritz Lang.

A enorme personalidade e talento fílmico de Fritz Lang (Viena, 1890-Hollywood, 1976), cineasta de precisión xeométrica, analista da turbiedade humana e metáfora das mutacións do século XX, sometido a unha carreira, entre a Alemaña do expresionismo e os primeiros estertores do nazismo, e os Estados Unidos do período de plenitude do cinema clásico de Hollywood, apaixonante e tamén, en parte, enigmática, semella unha das máis produtivas da Historia do cinema. Nesta ocasión o ciclo adicado ao máis significativo da primeira etapa alemá do seu autor arroupa a exposición que terá lugar en setembro deste ano, así como o seminário “Fritz Lang: la seguridad del sonámbulo” que organiza entre os días 18 e 20 de xullo a Fundación Luís Seoane.

A programación do ciclo pode-se consultar no web www.cgai.org, pero vola ofrecemos de seguido asemade:

Lér mais

O retrato de Dorian Gray

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O seguinte libro da Urco Editora, O retrato de Dorian Gray de Oscar Wilde, sairá para o prelo hoxe mesmo, co que contan telo xa a finais deste mes. Ademáis, este ano a Urco estará no Festigal os días 24 e 25 de xullo, compartindo espazo con Rinoceronte editora, nun posto no que venderán os seus libros, camisetas, chapas etc.

Bale non quere ver a Robin

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

RobinChristian Bale, o Batman cinematográfico actual, revelou nunha recente entrevista que “se Robin aparece de novo” nas vindeiras entregas cinematográficas do home morcego, “non volvo a vestir-me de Batman“.

Ainda que sen confirmación oficial, disque Christopher Nolan, director dos dous últimos filmes do superheroe, poderia recuperar ao Rapaz Marabilla para o terceiro episódio da sua triloxia sobre o personaxe creado por Bob Kane. Nolan, que con Batman Begins e O Cabaleiro Escuro logrou que Batman remonte o voo, explicaria asi o interior da complexa relación entre Robin e mais o Home Morcego.

Para a maior parte dos fans, Robin non cadra dentro do lúgubre ton do Batman de Nolan. E a desmentir esta opinión non axuda o recordo do último Robin cinematográfico, encarnado por Chris O’Donnell en Batman Forever e Batman e Robin. Dirixidas por Joel Schumacher e protagonizadas por Val Kilmer e George Clooney, ambas foron  consideradas o pior nunca feito no cinema sobre Batman.

Robin nunca foi un personaxe con sorte: no cómic foron tres os distintos personaxes que ocuparon o seu papel. O primeiro, Dick Grayson, acabou independizándo-se para se converter en Nightwing. Para lle substituir, Batman recorreu a Jason Todd, cuxa sorte foi pior: morrer a mans do Joker. O terceiro e último Robin no papel, Tim Drake, é para moitos o mais capaz dos axudantes de Batman, e especula-se con que poderia herdar a sua capa negra en que Bruce Wayne se xubile.

Ubi Soft merca á Hybride Technologies

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Ubi Soft e Hybride TechnologiesA empresa creadora de videoxogos Ubi Soft realizou un achegamento directo ao mundo do cinema. A compañía francesa adquiriu a propriedade dos estudos canadianos Hybride Technologies, os creadores dos efectos especiais dos filmes Sin City e 300. Nun princípio, a ideia da editora de videoxogos é usar á devandita compañía para realizar os efectos especiais dalgúns dos seus novos xogos, mellorando as animacións cinemáticas dos seus futuros lanzamentos.

Nombergantes, tamén anunciaron que esta nova non significará o abandono da séptima arte por parte de Hybride, xa que Ubi Soft pretende, mediante esta adquisición, meter un pé no mundo do cinema. Os primeiros rumores xiran cara a adaptación á grande pantalla de títulos baseados na franquía de Tom Clancy, xa que non fai moito tempo, Ubi Soft mercou todos os direitos da devandita marca.

Neste sítio Web os de Ubi ofrecen un espectacular adianto do que podería ser a xuntanza destes dous xigantes da animación.

Olmos dirixirá o novo filme de Galactica

9 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Edward James OlmosVéñen-se de facer públicos novos detalles do vindeiro filme que se está a proxectar, baseado na série de televisión Galáctica. Segundo puido saber NOVA FANTASIA, o actor Edward James Olmos porá-se esta vez na cadeira de director para realizar esta longametraxe de case dúas horas de duración.

O filme escomezará a se rodar xusto despois do remate da actual cuarta tempada da série na tele e contará cun guión de Jane Espenson a partir dunha ideia orixinal de David Wheddle e Bradley Thompson. A equipa composta por Wheddle e Thompson planeaba escribir o guión eles mesmos pero hai pouco que foron contratados para a série CSI, o que lles impediu continuar adiante coa ideia por motivos de axenda.

Segundo fontes internas, o filme estará protagonizado por Aaron Douglas, Dean Stockwell, Katie Sackoff, Grace Park, Michael Hogan e Michael Trucco, e rumoréa-se que estará centrado nos malvados Cylóns, ainda que o argumento fica sendo un segredo. Tampouco se sabe dentro de que espazo situará-se a película dentro da liña temporal da série de televisión.

Páxina seguinte »