China quere censurar A Mómia III

11 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

A Mómia IIIA censura chinesa volve facer das súas. A ditadura comunista asiática quere obrigar aos produtores do filme da Universal Pictures The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, recentemente rodada naquel país, a que modifiquen substancialmente o guión antes de lle dar o visto bó, baixo a ameaza de non proxecta-la en China.

Coma adoita ser habitual, os corruptos dirixentes da ditadura non quixeron nin afirmar nin desmentir a nova, limitándo-se a dicir que a autorización para o lanzamento do filme en China está pendente, o que por outra banda xa resulta moi suspeitoso, dado que ningún filme rodado en China fica “pendente de aprobación” sen máis.

Un voceiro dos estudos Universal dixo á prensa libre que “a Universal non prevé ningún obstáculo para despexar a película para China e está desexando poder distribuir The Mummy: Tomb of The Dragon Emperor no país onde está ambientada e onde se rodou“.

O filme, que ten prevista a súa estrea para o vindeiro 1 de agosto, conta cun orzamento de 145 millóns de dólares (92 millóns de euros), o que é ún dos máis importantes presupostos xamáis desembolsados para unha coprodución. De non se distribuir en China o filme perdería moitos cartos non só polos que deixaría de ingresar nas billeteiras, senón porque sería como dar-lle luz verde por parte do governo chinés á piratería do filme.

Iron Man 2

11 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Corre o rumor pola Rede de que Marvel Studios e mais o director de Iron Man, Jon Favreau, veñen de acadar un acordo segundo o cal Favreau dirixirá a secuela do aclamado filme de superheroes, prevista para 2010. Seica o protagonista da primeira parte Robert Downey Jr. está obrigado por contrato a aparecer nesta secuela.

Stephen King e os book tráilers

11 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Stephen King formará parte do xurado que avaliará os traballos remitidos para un concurso no que realizadores amateur e profisionais producirán book trailers (semellantes aos trailers de películas) baseados no selo shomi, unha série de ficción fantástica moderna patrocinada pola editorial americana Dorchester Publishing. O millor tráiler será amosado unha estrea en New York.

Chin Han en 2012

11 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O actor de Singapur  Chin Han (O cabaleiro Escuro) será o vindeiro protagonista do filme apocalíptico de Roland Emmerich 2012, uníndo-se asemade a un reparto no que xa figuran John Cusack, Amanda Peet, Chiwetel Ejiofor e Danny Glover. O filme conta cun guión do mesmo Emmerich e comezará a se rodar en Vancouver (Canadá) en agosto.

Perdidos, a millor série de TV

11 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

A série Perdidos ven de ser elixida coma millor programa de televisión de 2008 polos críticos americanos. A revista TV Week realizou unha enquisa entre 30 persoas adicadas á información televisiva nos EE.UU. e no ránking da lista, a série Perdidos está á cabeza. Asimesmo figuran Battlestar Galactica no posto 7º.