Lost Planet, a adaptación
15 de Xullo de 2008 por Editor
Arquivado como Cinema, Videoxogos
A Warner Bros e mais a Capcom (que está a se implicar en profundidade coas adaptacións dos seus videoxogos) unirán as súas forzas para ofrecer-nos unha adaptación de Lost Planet para a pantalla grande. O libreto escribirá-o o actor de voz e guionista David Hayter, que ven de rematar o seu traballo en Watchmen.
O videoxogo orixinal, Lost Planet: Extreme Condition Colonies Edition é unha versión ampliada de Extreme Condition para a consola XBox 360 e o PC e é un videoxogo de disparos en terceira persoa lanzado ainda en febreiro deste ano, producido por Keiji Inafune.
O argumento xira ao redor dun grupo de piratas da neve que loitan contra un monstro chamado Akrid, para obter un tesouro coñecido coma enerxía termal. Un piloto con amnésia, Wayne Holden, que só pode relembrar pequenos anacos do seu pasado, coma a morte de seu pai a mans do Akrid, tentará procurar a verdade sobre o ataque e descubre unha conspiración que podería non só destruir ao Akrid senón aos piratas da neve.
Confirmado o remake de Robocop
O que podería facer que o remake dun clásico da ciéncia-ficción dos anos 80 pagara a pena? Probábelmente, un director de primeira liña coma Darren Aronofsky. E iso é o que a nova presidenta da MGM, Mary Parent, pretende traer a esta franquía que desenvolveu tres filmes até cair no esquecemento.
Os rumores sobre o remake de Robocop escomezaran en marzo, cando a Metro Goldwyn Mayer anunciou que querían traer de volta ao policía médio robot, médio humano. O guionista do filme orixinal, Ed Neumeier, afirmou que non sabe ren do asunto, polo que é moi probábel que a MGM pretenda facer o remake sen contar para nada coa equipa orixinal dos tres primeiros filmes. En todo caso, os estudos anunciaron hai unhas semanas que o filme sería calificado “R” (para maiores de 18).
Segundo os estudos MGM, Darren Aronofsky está en conversas para poñer-se ao cargo da resurrección do policía máis duro do futuro Detroit que escomezou a patrullar as rúas da man do realizador Paul Verhoven en 1987, nun filme que era unha crúa sátira sobre a violéncia do estado e das corporacións.
Aronofsky leva dando voltas a diversos proxectos de grande calado nos últimos anos. Ficou vencellado a rumores sobre filmes baseados en cómics ou manga coma Batman, O lobo senlleiro e Ronin. Se cadra, esta é a súa grande oportunidade.
Final Fantasy XIII en Xbox e PS3
15 de Xullo de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
A vindeira 13ª entrega do clásico entre os clásicos da fantasía no mundo dos videoxogos, o xogo de rol Final Fantasy, aparecerá ao mesmo tempo para as plataformas da Xbox 360 e PlayStation 3, segundo ven de confirmar Yoichi Wada, o presidente da Square Enix, nun anúncio especial no decurso dunha rolda de prensa no stand da Microsoft na Electronic Entertainment Expo que se está a celebrar en Los Angeles. Non se anunciou ningunha dta de lanzamento.
O anúncio foi posterior a unha presentación sobre os vindeiros títulos da Enix: “Teño un anúncio máis que compartir“, dixo Wada. “Boten unha ollada a este filme“. E de seguido amosou un abraiante tráiler novo de Final Fantasy XIII.
Wada tamén ofreceu información sobre o lanzamento doutros títulos da Square Enix: Infinite Discovery, o 2 de setembro de 2009; Star Ocean: The Last Hope, en primavera de 2009; e The Last Remnant, o 20 de novembro de 2009.
Nárnia múda-se a México
A terceira entrega da franquía da Disney e mais a Walden Media As Crónicas de Nárnia mudarán-se a México para rodar no canto de seguir facéndoo en Nova Celándia, onde se fixeron as dúas anteriores partes.
A produción dos dous primeiros filmes (O León, a Bruxa e o Armário e O Príncipe Cáspian) fíxo-se en Nova Celándia maiormente porque o governo daquel país ofrecía incentivos fiscais. Ademáis, a Weta Digital e mais a Weta Workshop, que crearon a maior parte dos efectos especiais e dos escenários dos filmes, tamén son empresas daquela nacionalidade.
Pola contra, o terceiro filme, que levará por título Voyage of the Dawn Treader [A travesía do viaxeiro do Alba], e que será dirixido por Michael Apted, precisará grandes escenários de són e mais un xigantesco tanque de auga. De feito, o título do filme refíre-se ao barco que será utilizado coma escenário principal.
Por tal causa, a produción mudará-se a Rosarito, México, e concretametne aos estudos cinematográficos Baja, onde rodáron-se filmes coma Titanic, Deep Blue Sea e Master and Commander.
Nombergantes, as localizacións que se tiñan previsto en Austrália utilizarán-se tal e coma estaba planeado. A produción estaba prevista para escomezar en outubro, pero vai-se deixar para o mes de xaneiro de 2009.

