Theroux escribirá Iron Man 2
Justin Theroux escribirá o guión da secuela de Iron Man, e a Marvel está preto de pechar un acordo co director da primeira parte, Jon Favreau, para que regrese á segunda entrega. Igualmente acontece co seu protagonista, Robert Downey Jr. Agárda-se que a secuela chegue ás pantallas dos cinemas en abril de 2010.
Theroux, actor e guionista coñecido sobre todo polos seus papeis en Os Anxos de Charlie 2 e a série de TVE2 Dous metros baixo terra, é tamén o guionista da comédia da DreamWorks Tropic Thunder.
Os Estudos Marvel non confirmaron ningunha destas novidades sobre o proxecto, agardando a que estean totalmente pechadas e asinadas. Un voceiro da compañía dixo que a Marvel non comenta rumores.
Reino Máxico á vista
O produtor Bob Ducsay (A Mómia, Van Helsing) ven de desvelar que está a traballar arreo nunha longametraxe baseada na novela fantástica de Terry Brooks Magic Kingdom for Sale — SOLD! para a Universal.
“Diría que non hai ren que teñamos en desenvolvemento arestora que sexa máis inetresante que Magic Kingdom“, dixo o pasado día 15 nunha entrevista celebrada en Beverly Hills, onde estaba a promocionar A Mómia 3. “É un filme fantástico, material fantástico. Coidamos que de feito temos tamén un guión moi forte. E estamos a traballar arreo apra facer o filme. Quero dicir que é moi complicado facer calquera película“.
Stephen Sommers, o director que fixo as dúas primeiras entregas de A Mómia e traballou como produtor na terceira, é polo de agora o nome que soa para realizar e coproducir Magic Kingdom.
O libro vai sobre Ben Holiday, un avogado viúvo que un día mira un anúncio no que se pón á venda un reino máxico. Holiday mércao, pero atopa que está en ruinas e aí escomeza a súa aventura.
O principal problema de Magic Kingdom será o seu orzamento, ya que requerirá unha chea de traballo dixital, segundo confesou Ducsay.
Programación de Sitges 2008
Onte celebrou-se a primeira rolda de prensa anunciando o Festival de Cinema de Catalunya deste ano, e nela deu-se a coñecer o avance de programación.
A 41ª edición do festival celebrará-se do 2 ao 12 de outubro, e estará adicada ao filme 2001: Unha Odiseia no Espazo de Stanley Kubrick. Ademáis, o festival adicará unha retrospectiva á ciéncia-ficción que incluirá obras clásicas coma A fuga de Logan, O Planeta dos Símios, O Planeta Prohibido ou Encontros na Terceira Fase. Tamén incluirán-se grandes títulos europeos coma Barbarella, Solaris e The Man Who Fell to Earth.
Na sección oficial Fantástic teremos filmes coma Vinyan, Martyrs, Surveillance (dirixido pola filla de David Lynch, Chambers Lynch), Let the Right One In, Eden Lake, La Possibilité d’une île (de Michel Houellebecq, que adapta unha novela de seu), e Tokio!, unha fabula fantástica dirixida por Bong Joon-ho, Léos Carax e Michel Gondry. Haberá asemade filmes asiáticos coma Crows Episode 0, o novo de Takashi Miike, un fixo do festival, The Good, The Bad and The Weird de Kin Ji-woon, e The Chaser de Hong-Jin Na.
Fóra de competición exhibirán-se Blindness de Fernando Meirelles, JCVD, o falso biopic sobre Jean-Claude Van Damme, Synecdoche, New York de Charlie Kaufman, Repo! The Genetic Opera, e The Informers, adaptación da novela de Bret Easton Ellis dirixida por Gregor Jordan.
O festival lembrará tamén A Noite dos Mortos Vivintes no seu 40 aniversário coa presenza do seu director George A. Romero e de doutras actividades.
Na sección Midnight X-Treme poderemos ver Philosophy of a Knife de Andrei Iskanov, un filme que seica relata os experimentos xeneticos dos xaponeses na Segunda Guerra Mundial. Haberá maratón zombi con títulos coma Dance of the Dead de Gregg Bishop e filmes de serial killers coma a gravación doméstica Reality Killers.
MotelX, cinema de terror em Lisboa
MOTELx é um festival não competitivo que visa dar a conhecer em Portugal o melhor do Cinema de Terror, em todas as suas variantes - das grandes produções ao experimental, dos clássicos às novas tendências. Tem como principais objectivos os de inscrever Lisboa no mapa do circuito internacional de Festivais de Cinema de Terror, à semelhança de outras grandes cidades e capitais tais como Amesterdão, Berlim, Bruxelas, Edimburgo, Londres, Los Angeles, Montreal, Roma, entre outras, así coma partilhar com o público lisboeta um género que podemos encontrar na obra de realizadores tão díspares como F.W. Murnau (Nosferatu), Ingmar Bergman (A Hora do Lobo), Roman Polanski (A Semente do Diabo), Stanley Kubrick (Shining), Steven Spielberg (Tubarão), Francis Ford Coppola (Dracula) ou Quentin Tarantino (o recente Grindhouse).
O Festival pretende ademáis promover a produção nacional no género do terror, demonstrando quer a sua riqueza estética, quer a sua viabilidade económica.
A 2ª edição decorrerá no Cinema São Jorge de Lisboa, de 3 a 7 de Setembro de 2008.
Prémio Xatafi-Cyberdark 2008
A Asociación Cultural Xatafi ven de anunciar aos gañadores dos terceiros Prémios da Crítica de Literatura Fantástica Xatafi-Cyberdark de 2008, concedido ás millores obras de literatura fantástica, ciéncia-ficción e terror editadas o ano anterior, segundo o critério dun xurado composto por Lola Coll, Juan Manuel Santiago, Ricard Ruiz, Mariano Villarreal e Arturo Villarrubia.
No apartado de libro de ficción español, dotado con 350 euros, o gañador foi Nadie me mata, de Javier Azpeitia (Tusquets). Na sección de relato nacional, dotado con 150 euros, o prémio foi para El día señalado, de Enrique Vila-Mata (Exploradores del abismo, Anagrama).
The Road (A estrada), do escritor de Providence Cormac McCarthy foi o libro gañador no apartado de millor libro estranxeiro, mentres que os relatos En pos del Libro de Arena, de Rhys Hughes e Macs, de Terry Bisson (Cuando los osos descubrieron el fuego, Alianza editorial) foron ex-aequo os gañadores do prémio de millro relato estranxeiro.
Este ano concedeu-se asemade un prémio á millor iniciativa editorial en español, que recaiu ex aequo na Editorial Edhasa pola reedición da obra de Michael Moorcock e na editorial Valdemar polo segundo volume recopilatório de toda a narrativa fantástica de H.P. Lovecraft.

