Batman esmaga ao Home Araña

21 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O JokerO Cabaleiro Escuro ven de sobrepasar a Spiderman 3 coma o filme coa millor fin de semana de estrea nas billeteiras da história, acadando un récord de 155,34 millóns de dólares (98 millóns de euros) nesta pasada fin de semana do 18 de xullo. Até agora o récord ostentábao Spiderman 3 con 151,1 millóns de dólares (95 millóns de euros) dende maio de 2007.

Desde xeito, e grazas ás orellas de Batman, o cinema de Hollywood celebrou o seu millor fin de semana de todos os tempos, cun total de 253 millóns de dólares (159 millóns de euros) de recadación en tres días, batendo por moito aos 218,4 millóns de dólares (138 millóns de euros) do pasado 7 de xullo de 2006, que até de agora mantiñan o récord.

Ainda así, Spiderman 3 mantén o récord de entradas vendidas por moi pouco, pero por mor da suba dos prezos nas billeteiras gañou O Cabaleiro Escuro. Os benefícios finais poderían mesmo superar un pouco estas cifras, que son só estimacións realizadas por empresas especializadas nos Estados Unidos.

No resto do mundo, O Cabaleiro Escuro engadiu outros 40 millóns de dólares (25 millóns de euros) nos 20 países nos que xa se estreou o filme o pasado día 16, incluindo Austrália, México e Brasil. O filme estreará-se en Inglaterra esta fin de semana e irá chegando ao resto das carteleiras do mundo pouco a pouco. A España chegará o vindeiro 13 de agosto.

O Cabaleiro Escuro, que custou 185 millóns de dólares realizar-se, tamén pulverizou o récord de Spiderman 3 no tocante ao millor debut nos cinemas IMAX de pantalla xigante, con 6,2 millóns de dólares. Spiderman 3 acadara 4,7 millóns.

O éxito do filme é ainda máis abraiante ao se realizar en pleno verán. O lanzamento correu o risco de ser eclipsado pola recente morte dunha das súas estrelas, Heath Ledger, o australiano que interpreta o papel do Joker e que finou por mor dunha sobredose de drogas o pasado xaneiro.

Os Fillos da Lámpada

21 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Libros

A capa do libroMentres que cada estudo de Hollywood está á procura do seu vindeiro Señor dos Anéis ou dun Harry Potter que levar á boca, a DreamWorks, após de se facer cos dereitos para o cinema, vai tentar converter a série de libros Children of the Lamp de Philip B. Kerr na franquía que lles dea o éxito e mais os cartos. Lee Hall escribira un esbozo de guión antes de que escomezara a pasada folga de guionistas, pero agora teñen a tarefa de converte-lo nun guión completo, para o cal seica xa confiaron en Dave Guion e Michael Handelman. Ainda non hai un director vencellado para este proxecto, que tampouco conta coa luz verde para escomezar o desenvolvemento.

Children of the Lamp é unha série de catro libros que trata dunha família de dijinn (unha espécie de xénios das tradicións árabes) que se disfrazan de seres humanos, pero ainda poden conceder-lles desexos. A história céntra-se en dous dijinn xemeos, John e Philippa Gaunt (coma dos descendentes de Guillermo o Conquistador) e o desafío que suporá para eles adaptar-se no mundo da máxia e da concesión de desexos. Mentres afinan as súas habilidades, deberán anfrontar-se aos poderes do mal, para manter un balance entre as forzas do Ben e do Mal. As súas aventuras levarános dende o seu fogar natal en Manhattan até os nevados cúmios das montañas de Nepal.