Bale, detido

22 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O recente protagonista de Batman, Christian Bale, foi detido en Londres hoxe martes acusado de atacar á súa nai, de 61 anos e máis á súa irmá de 40. Bale ainda non foi acusado formalmente pero permanece detido nas dependencias policiais mentres se aclara o caso. Mentres, agárda-se-lle en Barcelona para o xoves, onde se debería presentar a estrea do seu filme O Cabaleiro Escuro.

Gyllenhaal apoia o Oscar para Ledger

22 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Maggie GyllenhaalMaggie Gyllenhaal ven de apoiar a campaña para que lle sexa concedido un Oscar honorífico a título póstumo ao seu compañeiro no filme O Cabaleiro Escuro, Heath Ledger.

Christian Bale e Sir Michael Caine xa apoiaran anteriormente os chamamentos para que Ledger reciba unha estatuíña na vindeira gala dos prémios da Académia pola súa interpretación do Joker e Gyllenhaal coida que Ledger merece un prémio porque o seu papel serviu de inspiración para outros actores.

Gyllenhaal dixo á prensa que “para ser un bó actor tes que atopar un lugar onde ser libre, pero é moi raro ser absolutamente libre do xeito que el o foi neste filme“. E engadiu: “Foi inspirador traballar conel. Foi un grande pracer. Dalgún xeito sinto que é divertido pensar en Oscars cando non está vivo, pero ao mesmo tempo son un membro da Académia e votaría por el“.

Heath Ledger finou o pasado mes de xaneiro, pouco despóis de rematar o seu traballo en O Cabaleiro Escuro, por mor dunha sobredose de droga mentres se atopaba nun hotel.

Rymer dirixirá Witchblade

22 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

WitchbladeMichael Rymer, o produtor e realizador dunha vintena de episódios da série Battlestar Galactica e do filme Queen of the Damned, será o director e coprodutor da nova versión de Witchblade, a popular saga de cómics sobrenaturais da editorial Top Cow, a partir dun guión de Everett De Roche.

Os cómics tratan sobre unha luva con alfaias engarzadas que outorga ao seu posuidor uns poderes extraordinários. Este posuidor deberá sersempre unha muller escollida dentro de cada xeración.

O australiano Rymer, que dirixiu 20 episódios de Galáctica e produciu outros 40, rematou recentemente a produción de Revolution, un episódio piloto de dúas horas de duración para a NBC.

Witchblade é unha coprodución de Platinum Studios, Top Cow Productions e Arclight Films.

O cómic Witchblade, que vendeu máis de 100 millóns de exemplares en todo o mundo dende que debutara en 1995, xa contou previamente con dúas adaptacións: en 2000 produciu-se un telefilme que logo se converteu nunha série emitida durante dúas tempadas e que protagonizou Yancy Butler na canle TNT, e máis un programa de debuxos animados no Xapón.

Ao longo das eras naceron moitos campións que levaron o Witchblade, dende Samurais a Cruzados, Amazonas a soldados nos modernos campos de batalla. Raíñas, princesas, xenerais e gardiáns da paz utilizaron todas esta enigmática relíquia na súa loita por nos salvar das forzas do mal que ameazan ao mundo. En 2009 teremos a unha nova elixida nesta longa saga, cando se estree a adaptación ao cinema de Witchblade.

Roland Kickinger é o novo Terminator

22 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Roland KickingerCon Terminator Salvation: The Future Begins xa en plea produción, ven de se dar a coñecer que o até agora descoñecido culturista austriaco Roland Kickinger será o substituto de Arnold Schwarzenegger no filme, dirixido por McG e protagonizado, entre outros, por Christian Bale.

Kickinger ten experiéncia como actor após de encarnar ao própio Schwarzenegger en See Arnold Run, o filme biográfico sobre a traxectória do culturista que chegou de Insbruck e rematou trunfando no cinema e governando Califórnia.

Kickinger xa fixo declaracións a algúns médios desvelando segredos da película. Así, por exemplo, explicou que nela “hai unha escena moi forte, cando John Connor atopa por primeira vez ao Terminator e non sabe se é bó ou malo“.

Preguntado polas diferéncias entre o seu papel e o de Arnold, Kickinger afirmou que “é o mesmo có de Arnold no primeiro filme. Ese é, básicamente, o meu papel, pero vinte anos antes, explicando de onde ven exactamente o Terminator“.

A estrea de Terminator Salvation: The Future Begins está prevista, nos Estados Unidos, para o 22 de maio de 2009.