Roubando o Tempo

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

A misteriosa máquina de AntiquiteraA Columbia Pictures ven de contratar a Walt Becker para que dirixa o filme de acción e de viaxes polo tempo Stealing Time, centrado en tres xeracións de homes que embarcan nunha aventura polo mundo para descubrir os segredos dun antigo aparello coñecido coma a Máquina de Antiquitera, que podería ser o compoñente clave dunha máquina do tempo perdida.

Bob Cooper da Landscape Entertainment e Charles Segars da Sparkler Entertainment serán os produtores.

Stealing Time é unha ideia desenvolvida por Cooper e Segars, que traballaron para facer o argumento xunto ao copresidente da Columbia Doug Belgrad.

Colin Trevorrow, que escribiu Tester para a DreamWorks, xa comezou a traballar no guión de Stealing Time.

Singer producirá Capeshooters

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Brian SyngerBryan Singer producirá Capeshooters, unha nova adaptación dos cómics, para a Warner Brothers.

Singer, que xa dirixiu filmes de superheroes coma X-Men e Superman Returns, está agora interesado en explorar o lado escuro deste asunto, pero só será un produtor no proxecto.

En Capeshooters, dous lacazáns convírten-se en paparazzis especializados en cubrir vídeos de superheroes e nunha destas atópan-se con probas de que un superheroe reverenciado polo público é en realidade un superfalcatruán.

J.P. Lavin e Chad Damiani escribirán o guión.

O proxecto está baseado nun cómic que ainda non apareceu no mercado, creado por Rob Liefeld, o antigo debuxante da Marvel Comics que abandonou a empresa para crear unha de seu, a Image Comics.

Strick relanzará Elm Street

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Freddy KruegerA New Line, agora convertida nunha división da Warner Brothers, ven de alugar os servizos do veterán guionista Wesley Strick para que escriba o que se agarda será o relanzamento da súa série Pesadelo en Elm Street, a franquía que converteu á New Line nos anos 80 nunha empresa punteira dentro dos estudos de cinema.

O Pesadelo orixinal foi escrito e dirixido por Wes Craven e lanzado en 1984. A saga creou a ún dos máis populares malvados da história do cinema, Freddy Krueger, interpretado por Robert Englund, e na súa exitosa carreira xenerou unha chea de secuelas.

A premisa dos filmes centrába-se en Krueger, un asasino en série de nenos que fora el mesmo asasinado e que regresaba de entre os mortos coa face queimada e unha luva con navallas para aterrorizar aos adolescentes nos seus soños.

O novo proxecto pretende celebrar o 25º aniversário da saga e manter o ambiente de instituto e profundizará na psicoloxía dos soños e na do mesmo Krueger. O plan é facer que teña un tón máis escuro e sinistro có orixinal, que finalmente rematou por se converter nunha paródia de si mesmo e acadando máis risos ca berros entre os espectadores.

Whedon volverá a rodar Dollhouse

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como TV

Eliza DushkuJoss Whedon, que está a lle dar os últimos toques á súa nova série de ciéncia-ficción Dollhouse para a canle Fox, revelou aos seus fans no seu blogue oficial que está a rodar un novo primeiro episódio para clarexar o argumento da série.

O episódio piloto orixinal, que algúns espectadores atoparon algo confuso, convertirá-se polo tanto no segundo episódio da serie.

O feito é que estou moi orgulloso do episódio que rodamos, e que a série está a me volver tolo coa emoción“, escribiu Whedon. “Pero eu tendo a ver as cousas dende todos os ángulos, e hai uns pequenos problemas de claridade para algúns espectadores. Tamén houbo algúns problemiñas co tón - Eu estaba nun lugar escuro e mouro (onde, como algúns de vós sabedes, teño a miña casa) e non acadei o tón visceral que a Fox agardaba a partir do guión“.

Whedon apurou a aclarar que a rodaxe dun novo primeiro capítulo foi unha ideia de seu, non da Fox, para asemade evitar comparacións con outros proxectos que fixo para a mesma canle, coma a fracasada Firefly, na que aconteceu exactamente a mesma circunstáncia.

Whedon dixo que xa non poderá amosar os vídeos de Dollhouse, coma quería facer orixinalmente, na Comic-Con International que escomezará hoxe.

Dollhouse, protagonizado por Eliza Dushku, está previsto para se estrear o vindeiro xaneiro de 2009.

A Guerra das Galáxias en 3D

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Jeffrey KatzenbergSegundo revelou onte un dos directores da DreamWorks, Jeffrey Katzenberg, o pai da saga da Guerra das Galáxias, George Lucas, quere converter as seis entregas ao novo sistema de proxección en 3D.

Katzemberg asegurou que Lucas está entusiasmado coa ideia, e que xa dispón dos recursos técnicos abondo para a conversión. Segundo Katzemberg, “coido que Lucas non lanzará o produto até que poida ofrecer a máxima calidade“.

Dende hai un tempo, e aproveitando este novo sistema que, segundo esperan os estudos, servirá para volver a atraer espectadores ás salas e sacar-lles do salón das suas casas, especúla-se tamén cunha revisión en 3D da triloxía de O Señor dos Anéis.

O mesmo Lucas xa dixera en 2007, con motivo do trixésimo aniversário da primeira película da Guerra das Galáxias, que no prazo dun ano quería reestrear cada unha das entregas no novo sistema.

Estrea de 12007

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Unha escena da curtaHoxe mércores ás 11:00 horas na Sala de Conferencias da 4ª planta do Centro Cultural Caixanova (Rúa Augusto González Besada 2 e 4), terá lugar a presentación aos médios de comunicación da curtametraxe fantástica 12007 da produtora galega Contacontos Produccións Cinematográficas. O acto contará coa presencia do director da curtametraxe, Diego Torres, e máis o produtor executivo da mesma, David Alvariño.

A equipa de Contacontos que traballou nesta curta estivo rodando no pasado mes de outubro en distintas zonas da cidade de Pontevedra (como a Praza da Ferrería ou a rúa 12 de novembro) así como no set de interiores montado para tal fin nun local da capital do Lérez. Tamén conta con escenas rodadas en lugares coma Cabo Home ou Monte Facho. O proxecto é privado nun 70% e o resto é unha subvención da Consellería de Cultura da Xunta.

12007 é unha curtametraxe de ciéncia-ficción, está inspirada nun relato do clásico escritor galego Rafael Dieste publicada no seu libro de contos Arquivos do trasno (1926) e está dirixida polo pontevedrés Diego Torres. Narra o encontro entre dúas persoaxes diametralmente opostas (un vagamundo e máis un médico que ten unha receita para viaxar polo tempo) que teñen un obxectivo común: coñecer como evolucionará a humanidade e a sociedade en 10.000 anos.

O filme, de 15 minutos de duración, expón unha reflexión acerca de quen somos e de cales foron os verdadeiros avances humanos ao longo dos nosos miles de anos de evolución. Está protagonizado por Xosé María Tanas e Xosé Manuel Esperante.

Páxina seguinte »