Unha vez liberado após de catro horas na comisaría e mentres presentaba en Barcelona o seu novo filme, Christian Bale referiu-se ao recente escándalo da súa detención por supostos maltratos á súa nai e á súa irmá coma “un asunto profundamente persoal” polo que pediu respecto á súa intimidade.

The Gladiator de Harry Turtledove e Ha’penny de Jo Walton foron os gañadores do prémio Prometheus deste ano, que recoñece á millor novela que explore o valor da liberdade persoal, os dereitos humanos e outros ideais libertários. Asemade deu-se a coñecer o gañador do prémio Salón da Fama Prometheus ao millor clásico da ciéncia ficción, [...]

A MTV fará un remake do vello filme de culto de 1975 The Rocky Horror Picture Show.
Lou Adler, produtor executivo do filme orixinal, asociará-se coa BermanBraun e mais os estudos de televisón da Fox nesta nova versión dun filme clásico que misturaba a comédia co musical e a ciéncia-ficción.
O remake de dúas horas utilizará o [...]

Tim Burton ven de atopar á súa protagonista para a nova adaptación de Alícia no País das Marabillas na que está a traballar para a Disney. Non é, coma se rumoreou hai un par de semanas, Ryan Nikole Parker, pero tampouco é unha actriz coñecida precisamente. O papel recaiu na  actriz australiana Mia Wasikowska, cuxos [...]