Batman segue en racha

31 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O Cabaleiro Escuro continuou esta pasada fin de semana varrendo aos seus rivais nas billeteiras do mundo, cruzando xa a marca de 300 millóns de dólares de recadación (192 millóns de euros) en tan só dez días. Isto fai por certo que bata outro récord, o de filme con máis recadación na súa segunda semana nos carteis, sobrepasando a Piratas do Caribe 3. A Warner espera chegar aos 400 millóns de dólares en 18 días, e asemade bater un récord máis, que mantén Shrek 2 dende 2004 (chegou aos 400 millóns en 43 días).

Candidatos aos Ignotus 2008

31 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Rematada a primeira fase dos prémios Ignotus que, orgaizados pola Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror (AEFCFT) e votados polos seus membros, así coma por membros doutras organizacións afíns e membros do vindeiro congreso español de ciéncia-ficción, a HispaCon, veñen de se dar a coñecer os finalistas nas diversas categorías, que son os seguintes:

NOVELA:

Alejandro Magno y las Águilas de Roma, de Javier Negrete (Minotauro)
Corazón de Tango, de Elia Barceló (351 editores)
Cristales de Fuego, de José Antonio Suárez (Ediciones Parnaso)
Los Navegantes, de José Miguel Vilar (Grupo AJEC)
Madrid, de Daniel Mares (Ediciones Parnaso)

NOVELA CURTA:

Fluyan mis lágrimas, de Gabriel Benítez (Grupo AJEC)
Mundo al revés, de Ángel Padilla (Ediciones Parnaso)
No habrá vergüenza en la derrota, de José Luis López Aranguren (UPV)
Sobre los inmortales, de Ezequiel Dellutri (UPV)
Superficie, de Héctor Álvarez Sánchez (Ediciones Parnaso)
Lér mais

Haberá película de Venom

31 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

VenomO éxito do persoaxe do Joker de Heath Ledger en O Cabaleiro Escuro animou á Sony a rodar Venom, a história dun dos falcatruáns de Spiderman.

Os estudos xa están traballando no proxecto, baseado no persoaxe aparecido en Spiderman 3, e co que confía en expandir e sacar ainda máis benefício ás producións do trepamuros.

Seica vários guionistas foron xa consultados para desenvolver o argumento, que ainda non está pechado. Sony e mais a Marvel preferiron non facer ningunha declaración respecto ao asunto.

Venom é o nome dado á primeira forma de vida simbiótica que apareceu nos cómics Marvel. A creatura é un álien cunha forma pegañenta, case líquida. Require un hóspede, normalmente un ser humán, para sobrevivir. En troques, Venom outorga ao seu hóspede uns poderes ampliados. O álien é un dos piores inimigos de Spiderman, que foi o seu primeiro hóspede. Após de que Spiderman o rexeitara, Venom tivo que parasitar a outros seres humáns e asemade escomezar a súa carreira como supermalvado.

O persoaxe, após de aparecer nalgunhas das aventuras nos cómics, acadou tanta popularidade que agora se lle dará un filme de seu.

A Sony tamén está a desenvolver a cuarta parte de Spiderman, que se estrearía en 2011. Descoñéce-se ainda se volverá dirixir Sam Raimi e se o protagonista será Tobey Maguire.