Disney merca a Monster Attack Network
A Disney non adoita mercar os dereitos sobre os cómics doutros (a última vez foi xusto hai un ano con Pet Robots, que ainda está en preprodución). De feito, a Disney xa ten abondo persoaxes de seu como para precisar mercar os de terceiros.
Pero seica agora volveran tenta-lo, e ao grande. De feito, veñen de mercar os dereitos sobre a obra de Marc Bernardin e Adam Freeman Monster Attack Network, unha história para todos aquelos que disfrutan cos filmes de Godzilla.
O argumento xira ao redor da illa de Lapuatu, no Pacífico Sul, unha illa perfecta en todos os sensos, agás porque é o obxecto dos frecuentes ataques de monstros mariños xigantes. E aí é onde aparece Monster Attack Network, un grupo de tipos duros que loita contra os monstros, ainda que non adoitan mata-los, e logo adícan-se a supervisar a reconstrución dos destrozos. Os protagonistas son o guapo e musculoso Nate Klinger e mais a súa incríbelmente sexi axudante Lana Barnes.
Ainda non hai director nin data de lanzamento para o proxecto, pero Jason Netter (Wanted) será o produtor. O reparto de actores está aínda na fase do cásting.


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!