Schwarzenegger non entende ao novo Terminator

7 de Agosto de 2008 por Editor  
Arquivado en Cinema

TerminatorSer governador de Califórnia e estrela das tres primeiras entregas da saga non aseguran nada: Arnold Schwarzenegger viu recentemente material de Terminator Salvation pero á penas entendeu ren. “Ainda non sei o que van facer co filme” foi o máis que puido dicir Arnold.

O ex-actor explicou como lle amosaron parte do material, “pero non tiña a sensación de que fora unha película. Non vin abondo. Non estaba seguro de quen era o Terminator. Non sei se era a estrela da película ou o era o heroe. E esas son o tipo de cousas que determinan o éxito e a forza dunha película“.

A fita, cuxa rodaxe continúa en New Mexico, conta con McG como director e Christian Bale como protagonista, ainda que el non interpreta ao Terminator senon a John Connor, o líder da resisténcia humana.

Terminator Salvation é a cuarta entrega da série, pero a primeira na que Schwarzenegger non actuará. Na primera, dirixida por James Cameron, era o malo da fita, mentras nas dúas seguintes - a segunda tamén obra de Cameron, a terceira dirixida por Jonathan Mostow - axudaba aos humanos na súa guerra contra as máquinas.

A estrea de Terminator Salvation nos Estados Unidos está prevista para o 22 de maio de 2009.

Comentários

Un Comentario en "Schwarzenegger non entende ao novo Terminator"

  1. mericat on Mér, 13th de Ago de 2008 3:17 am 

    pobriño, con tanto esteroide ya no se entera de nada

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!