* * * * * 1 votos

Indiana JonesNunha era na que a meirande parte dos espectadores reclaman máis cinema en versión orixinal, hai quen ainda láia-se porque Indiana Jones non falará nunca en galego. E é que o último filme desta popular saga non foi traducida porque a Xunta renúncia a dobrar os filmes á nosa língua. Asi o explicou a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se decanta por se centrar na Internet e nos telefones móbeis como médios para potenciar o galego. A razón argumentada é que dobrar os filmes é demasiado caro.

A lei do mercado foi o motivo que esgrimiu a Xunta a se decantar por recorrer a outros suportes menos caros. Asi, as actuacións agora destinadas a potenciar o galego nas salas de cinema mudarán-se por outras destinadas á Internet e á telefonia móbil. Blogues e páxinas Web persoais serán algúns dos obxectivos de Política Lingüística.

Cuestións coma o alto prezo esixido para a dobraxe de filmes ou a dificuldade de predicir se un filme será ou non comercial converteron ao cinema nun “eido non seguro” que se ve ameazado polas novas tecnoloxias do audiovisual.

As produtoras tampouco se arriscan. A falla de compromiso do sector cinematográfico é outra das causas expostas pola Xunta para explicar que non se continue coa dobraxe en galego ainda que seguirán “recadando apoios” cara novos estreas.

Ao cinema tamén se soma o formato DVD, o cal tampouco estará subvencionado polo Governo autonómico en matéria de promoción do galego, xa que abraiantemente considera que está “destinado á extinción“.

Estes motivos foron expostos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística após de que un deputado rexionalista preguntase polas razóns que impiden que o filme Indiana Jones e o reino da caveira de cristal se proxecte en galego. O deputado lembrou que o Plan Xeral de Normalización Lingüística obriga a dobrar alomenos dez filmes ao ano que teñan posibilidades de seren comerciais.

O ano pasado xa non se chegou á decena, e ningún dos filmes dobrados tivo interese algún para o espectador.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

Relacionadas:

Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • A recentemente estreada Quantum of Solace levou-se esta pasada fin de semana a meridande parte dos espectadores que acodiron ás salas de cinema e recadou 70,4 millóns de dólares, case 30 millóns máis cá súa predecesora, o filme de 2006 Casino Royale.

  • A Faculdade de Ciéncias e Tecnoloxía da UPV deu a coñecer o nome do gañador do prémio Alberto Magno 2008. Santiago García Albás foi o gañador con La parte del Ángel mentres que o cubano José Miquel Sánchez foi o segundo con Espuelas de Microván.

  • Guillermo del Toro confirmou que está atrás do remake de O Orfanato e que está ademáis a engadir un novo proxecto á súa longuísima lista: Pinocho, que seica será un filme con monicreques de tamaño real.

  • Os irmáns Marlan e Shawn Wayans están a rematar o terceiro esbozo de guión para a súa versión da clásica sitcom dos anos 50 Os Munsters. Os guionistas, produtores e actores non participarán no reparto deste filme, descrito coma o reinício dos persoaxes clásicos.

  • As candidaturas aos Prémios do Cinema Europeo de 2008 foron presentadas este sábado en Sevilla e o filme español de terror O Orfanato acadou catro nominacións. O vindeiro 6 de decembro coñecerán-se os gañadores en Copenhagen (Dinamarca).

  • O Quantum of Solace de James Bond regresou esta fin de semana cun abraiante récord nos despachos de billetes de 38,6 millóns de dólares obtidos en Inglaterra, Franza e Suécia. O novo de 007 arrasou o anterior récord no Reino Unido que tiña Harry Potter e o Cáliz de Fogo con 25,3 millóns e obtivo nada menos ca o 70% do mercado de espectadores que acodiron ao cinema.

  • O remake que Rob Zombie fixo en 2007 do filme Halloween terá unha secuela. O produtor Malek confirmou os seus plans para unha segunda parte, coa preprodución agardada para o mes de xaneiro. A rodaxe escomezará en marzo.

  • Stephen Graham completará o reparto de actores para o filme de terror da Relativity Season of the Witch. Nicolas Cage e Ron Perlman serán os protagonistas deste filme cuxa rodaxe escomezará este mes en Áustria e Hungría.

    •