Novo récord para Batman
O Cabaleiro Escuro converteu-se no segundo filma na história de Hollywood en chegar aos 500 millóns de dólares de recadación só nos Estados Unidos. A secuela de Batman acadou o récord na metade de tempo que Titanic, que tivo que agardar tres meses para chegar a esa cifra.
Legend of the Seeker
Ted Raimi (Spiderman 3), o actor que é ademáis irmán do director e produtor executivo da série de TV Legend of the Seeker Sam Raimi, será a estrela convidada nun vindeiro episódio da série de fantasía. Ted Raimi aparecerá no cuarto episódio da série no papel de Sebastian, un cartógrafo experto ademáis na cartogramáncia, o antigo arte de predicir o futuro baseándo-se nos mapas enmeigados.
O xuizo por Watchmen quénce-se
A batalla legal quénce-se a medida que pasa o tempo entre os avogados da Warner Brothers, que xa rematou a rodaxe de Watchmen, e os avogados da 20th Century Fox, que din que posúen os dereitos sobre ese material.
A Fox xa dixo que tentará opoñer-se aos plans da Warner de comezar a distribución do filme para o vindeiro mes de marzo. A Warner di que non lle deberían permitir iso á Fox, despois de que tanto a Warner coma os seus parceiros neste proxecto, a Paramount Pictures e mais a Legendary Pictures, gastaran máis de cen millóns de dólares (uns 60 millóns de euros) na megaprodución dirixida por Zack Snyder.
Nun resumo da súa postura nun comunicado emitido o venres, a Warner dixo que a Fox “sentou-se en siléncio” cando un dos produtores de Watchmen, Lawrence Gordon, levou o proxecto “de estudo a estudo, co expreso consentemento da Fox“.
A Fox, que presentou unha demanda en febreiro, dixo na mesma que o Sr. Gordon non mantivo informados aos estudos sobre os seus plans, tal e coma se requería por un acordo de 1994. Ese acordo garantía que os dereitos sobre Watchmen puidesen ficar “dando voltas“, un termo que adoita utilizar a indústria do cinema e baixo o cal os produtores poden mudar un proxecto dun estudo a outro baixo certas condicións. Lér mais

