Cage contra as meigas

23 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado en Cinema

Nicolas CageNicolas Cage volverá axuntar-se co director Dominic Sena no thriller sobrenatural Season of the Witch para os estudos Relativity Media.

A história narra a viaxe duns cabaleiros do século XIV que deben transportar a unha nena sospeitosa de ser unha meoga responsábel de espallar a Peste Negra. Bragi Schut Jr. foi o autor do guión.

A rodaxe está prevista para escomezar a primeiros de novembro en Áustria e Hungría.

Cage xa traballara préviamente con Sena no filme Gone in Sixty Seconds.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!