Gañadores dos Prémios British Fantasy
Os gañadores dos prémios British Fantasy deste ano xa se deron a coñecer. Foron presentados no decurso da Fantasycon, celebrada a pasada fin de semana en Nottingham. A listaxe completa vai de seguido:
- Prémio especial Karl Edward Wagner: Ray Harryhausen
- Prémio Sydney J. Bounds ao millor autor revelación: Scott Lynch
- Prémio August Derleth á millor novela: The Grin of the Dark, de Ramsey Campbell
- Millor novela curta: The Scalding Rooms, de Conrad Williams
- Millor conto: My Stone Desire, de Joel Lane
- Millor antoloxía: The Mammoth Book of Best New Horror 18, de Stephen Jones
- Millor colección: Old Devil Moon, de Christopher Fowler
- Millor obra de non-ficción: Whispers of Wickedness, de Peter Tennant
- Millor editorial afeccionada: PS Publishing (dirixido por Peter Crowther )
- Millor artista: Vincent Chong


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!