Asimov en PDF
Todos os relatos que o mestre da ciéncia-ficción Isaac Asimov escribiu para a revista Magazine of Fantasy and Science Fiction foron recollidos e escolmados en antoloxías, que agora se veñen de converter nun arquivo en formato PDF, totalmente gratuito, e que calquera se pode descargar dende este ligazón.
Os videoxogos de Riddick
30 de Outubro de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
A Atari ven de mercar os dereitos para desenvolver e publicar unha secuela ao seu videoxogo baseados no filme As Crónicas de Riddick e outro videoxogo novo baseado en Cazapantasmas. A compra realizouna á empresa Activision Blizzard, que posuía os dereitos pero rexeitou realizar os dous proxectos após de se fusionar coa Vivendi Games este verán.
Atari confirmou que lanzará The Chronicles of Riddick: Assault on Dark Athena esta primevera. Será unha secuela do videoxogo da Vivendi de 2005 Chronicles of Riddick: Escape at Butcher Bay, que contou cunha cifra de vendas moi respectábel en todo o mundo e foi aclamada no seu día coma un dos millores videoxogos xamais realizados baseados en películas.
Ademáis de mercar os dereitos dos xogos á Activision Blizzard, a Atari ven de asinar un novo acordo de licéncia coa Universal que lle permitirá continuar facendo máis xogos de Riddick e converti-lo nunha franquía.
Os executivos da Atari non comentaron ren sobre Os Cazapantasmas, pero fontes achegadas á empresa confirmaron que tamén mercaran os edreitos para ese xogo e que teñen plans de publica-lo o verán que ve xunto ao 25º aniversário do filme orixinal.
Cóida-se que a Atari conta cun acordo de licenciamento semellante coa Sony Pictures para publicar novos xogos dos Cazapantasmas sempre que o primeiro teña éxito.
Outlander ao cinema
A Essential Pictures ven de lanzar o desenvolvemento de Outlander coma unha nova potencial saga fantástica de filmes baseada na série de novelas da escritora Diana Gabaldon. A saga, de seis libros, ten como protagonista a un cabaleiro escocés do século XVIII e a súa muller, que pode viaxar polo tempo.
Os plans de Millar para Superman
Dende o éxito do filme Wanted, que tiña moi pouca relación co cómic no que está supostamente baseado, Mark Millar foi acosado nas entrevistas que se lle fixeron por mor da súa participación na nova versión de Superman que el e mais un “grande director de acción de Hollywood“, do que non quixo revelar o nome, realizará en breve para a Warner Bros. Pictures.
Hai uns días por fin rachou o seu silenzo e revelou algúns detalles da súa cobizosa história épica de oito horas que segundo dixo “narrará a vida completa de Kal-El“.
Millar dixo que o plan é facer unha saga en tres partes, e cada filme estreándo-se un ano após do outro. E engadiu: “Vai ser coma Michael Corleone nos filmes do Padriño, a história completa dende o comezo até o remate, ves onde comeza, ves o que chega a ser e a onde lle leva iso“.
Millar dixo: “Quero escomezar en Krypton, hai mil anos, e rematar con Superman só no planeta Terra, o derradeiro ser vivo na Terra, mentres o noso sol marelo vólve-se vermello e comeza a ser unha supernova, e perde os seus poderes“.
Sam Mendes o Predicador
A Sony Pictures e mais a Original Films veñen de se facer cos dereitos da popular série de cómic dos anos 90 Preacher e xa teñen a Sam Mendes (Jarhead, Revolutionary Road) disposto para que sexa o director deste proxecto.
Creado por Garth Ennis e Steve Dillon, o cómic vai sobre un predicador arruinado e posuído por Xénese, unha entidade sobrenatural concebida pola unión antinatural dun anxo e mais un demo.
Dotado de inmensos poderes, o predicador asócia-se cunha antiga moza de seu e mais un vampiro irlandés borracho e adíca-se a percorrer América para atopar a Deus, quen seica abandonou as súas responsabilidades no ceo, e asemade pedirlle contas pola súa neglixéncia.
O proxecto estivo no candeleiro recentemente grazas a un guión de Mark Steven Johnson que dirixiu Howard Deutch nun episódio piloto que pretendía xerar unha série na canle HBO, pero finalmente non se levou a cabo. Antes diso planeára-se unha longametraxe cun orzamento de 25 millóns de dólares e protagonziada por James Marsden.
Neal Moritz será agora o produtor desta nova versión xunto ao seu parceiro Jason Netter.
Joaquin Phoenix deixa o cinema?
Segundo informan algúns médios na Internet, o actor Joaquin Phoenix (Sinais) deixará o cinema para se adicar en exclusiva á música de agora en adiante. O seu representante seica confirmou estas declaracións, que nun primeiro intre tomáron-se coma unha bricadeira.




