Liebesman dirixirá Battle: L.A.

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Jonathan LiebesmanJonathan Liebesman está en negociacións para dirixir Battle: Los Angeles, un filme de ciéncia-ficción de acción que producirá Neal Moritz e mais a súa compañía, a Original Films, para a Columbia Pictures.

A história vai sobre os encontros dun pelotón de marines nunha feroz batalla contra unha invasión extraterrestre polas rúas de Los Angeles.

Liebesman derrotou a moitos outros futuríbeis para este traballo grazas a unha fantástica presentación que amosou a súa visión específica e a súa paixón polo proxecto, que describiu coma unha mistura entre Black Hawk Derrubado e Independence Day.

En agosto, Liebesman saira á procura de localizacións por Santa Monica, Califórnia, e polo centro de Los Angeles, rodando secuéncias e ilustracións e engadindo áliens creados por computador. Ademáis tamén creou unha secuéncia de invasión alieníxena para previsualizar.

O realizador sudafricano xa dirixira anteriormente The Texas Chainsaw Massacre: The Beginning and Darkness Falls.

O oso Yogi ao cinema

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O oso YogiA Warner Bros. Pictures está a desenvolver unha longametraxe que versionará a clásica série de televisión en debuxos animados da Hanna-Barbera O oso Yogi.

Ash Brannon (Surf’s Up) dirixirá este filme, mistura de acción real con debuxos animados pero que será esencialmente realizado con actores de carne e óso. Tan só o oso Yogi e mais o seu compañeiro Bubú serán realizados con debuxos animados por computador.

O mesmo cá popular série dos anos 60, as peripécias de Yogi terán lugar no parque de Jellystone, onde el e mais Bubú terán que procurar evitar ao seu rival, o Ranger Smith mentres viven aventuras de humor lixeiro apto para todos os públicos.

Os produtores executivos da série That ’70s Show Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia serán os encargados de escribir o guión para a De Line Pictures.

O Pedrolo, deserto

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O xurado do undécimo Prémio Manuel de Pedrolo ven de declarar o prémio deste ano deserto. Segundo o voceiro, Miquel Barceló, “ningún dos orixinais tiña calidade abondo para ser proclamado gañador, polo cal e despois de intensas deliberacións, o xurado preferiu deixa-lo deserto“. Este é o primeiro ano que este prémio, o principal en língua catalana adicado á narrativa de ciéncia-ficción, fica desierto.

A cegueira non gusta aos cegos

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

BlindnessO filme Blindness (A cegueira), adaptación cinematográfica da exitosa novela Ensaio sobre a cegueira (1995) de José Saramago, estrea-se nos Estados Unidos este venres entre as protestas vertidas por unha federación de invidentes. O seu presidente, Marc Maurer, declarou á canle CNN que “o filme representa aos invidentes coma monstros“. O filme, inspirado no romance do prémio Nobel de Literatura, conta o caos que se apodera da sociedade cando unha enfermidade deixa cegos aos seus cidadáns.

O cineasta brasileiro Fernando Meirelles quixo reflectir con fidelidade a trama ideada polo escritor portugués: un mundo dominado de súpeto polos instintos mais primários dos seus povoadores despois de que todos agás un, o personaxe interpretado por Julianne Moore, ficasen cegos por mor nun andazo.

Plantexa cuestións sobre a evolución humana, representa-nos de forma crítica, pero non sinala nunha dirección concreta cara onde ir“, asegurou Meirelles. “É unha história que debe xerar preguntas, non respostas“, aclarou o director do filme, nominado este ano á Palma de Ouro do Festival de Cannes.

Pero a Federación Nacional de Cegos de Maryland (NFB) rexeita o dilema ético plantexado e anunciou que planea protestar nos cinemas americanos onde se estree Blindness con cartaces con lemas coma “Eu non son un actor pero interpreto a un cego na vida real“.

Blindness foi un proxecto que estivo enriba da mesa de numerosos produtores dende que José Saramago publicase Ensaio sobre a cegueira, ainda que o autor portugués rexeitou moitas propostas antes de converter en filme a súa novela.

Sempre resistin, porque é un libro violento sobre degradación social e non queria que caise en mans enganadas“, dixo Saramago nunha entrevista en 2007, ainda que finalmente accedeu á oferta dos estudos independentes Rhombus Media, con sede en Toronto. Segundo o guionista e actor, Don McKellar, o escritor queria evitar que a sua trama se convertese nun filme de zombis.

Remake do Corazón do Anxo

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Os dous protagonistasMichael De Luca ven de se asociar con Alison Rosenzweig e Michael Gaeta para desenvolver un remake para a pantalla grande do thriller sobrenatural de 1987 que protagonizaran Mickey Rourke e Robert de Niro, O Corazón do Anxo.

Os produtores veñen de se facer cos dereitos para o cinema que posuía unha empresa privada inglesa.

De Luca, Rosenzweig e Gaeta tamén se fixeron cos dereitos do libro no que está baseado o filme, a novela Falling Angel que escribiu William Hjortsberg.

O filme orixinal, que na súa época ocasionara un pequeno escándalo por mor das súas escenas de sexo, contara co guión e a dirección de Alan Parker, e ademáis estaba protagonizado pola daquela “inocente” rapaza Lisa Bonet, que tan só aparecera na série televisiva de Bill Cosby.

A novela vai sobre a investigación de Harry Angel, un detective privado de New York que é contratado por un misterioso cliente para que atope a un tal Johnny Favorite que lle debe cartos e que fora hai tempo un cantante popular. Pero mentres segue as pegadas de Favorite, Harry deberá enfrontar-se a escuras forzas sobrenaturais.

Sobre a película se fixera uns anos despois un videoxogo para o ZX Spectrum, que podedes atopar doadamente neste ligazón.

Salvada a casa de Superman

2 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Os fans de Superman recadaron 100.000 dólares para salvar a casa en ruinas de Cleveland onde hai máis de 70 anos foi creado o Home de Aceiro polo guionista Jerry Siegel e mais o debuxante Joe Shuster. Os cartos foron recadados ao longo dun mes grazas a unha inciativa do novelista Brad Meltzer e a un programa na canle de televisión NBC. Ainda que o obxectivo eran 50.000 dólares, finalmente recadou-se máis do dobre, o que se aproevitará para reformar a casa por dentro e por fóra.