A AMC desembarca en Marte
A canle de televisión AMC está a desenvolver Red Mars, unha série baseada na novela homónima do ano 1982 de Kim Stanley Robinson, e que nesta ocasión conta cun guión e a produción executiva de Jonathan Hensleigh (o mesmo de Armageddon).
O famoso libro de Robinson, gañador do prémio Nebula, narra a história da primeira colónia humana asentada no planeta vermello. Ademáis de Hensleigh, na produción executiva estarán Michael Jaffe e Howard Braunstein da Jaffe Braunstein Entertainment e Vince Gerardis, Ralph Vicinanza e Eli Kirschner da Created By.
A AMC non é nova nisto de facer séries de ciéncia-ficción: a mesma canle está a preparar un remake da série dos anos 60 O Prisioneiro, que protagonizarán Jim Caviezel e Sir Ian McKellen.
Romero: outra ración de zombis
O mítico director de A noite dos mortos vivintes, George Romero, non se rinde no seu intento de destruir a todos os zombis, porque está a comezar a produción doutro thriller, ainda sen título, peroque tamén terá como macabros protagonistas aos non-mortos.
O filme máis recente de Romero fora Diary of the Dead, o polo de agora último capítulo da súa franquía de zombis.
Respeito ao seu novo filme, Romero é o autor do guión e comezou a rodaxe esta semana en Ontario (Canadá). O argumento vai sobre os habitantes dunha illa afastada da costa de Norte América que descubren que os seus devanceiros érguen-se das súas tumbas para devoraren aos seus descendentes. Os líderes da illa non saben se matar de novo aos seus antergos reanimados ou se mante-los prisioneiros mentres procuran unha cura ao seu mal.
O reparto inclúe a Alan Van Sprang, Kenneth Welsh, Kathleen Munroe, Devon Bostick, Richard Fitzpatrick, Stefano Colacitti e Athena Karkanis.

