Eisenberg chega á terra dos zombis

7 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado en Vários

Jesse EisenbergJesse Eisenberg está en conversas moi avanzadas para se unir a Woody Harrelson na vindeira comédia de terror da Columbia Pictures Zombieland, sobre unha parella de supervivintes que atopan a amizade e a redención nun mundo governado polos zombis.

Eisenberg interpretaría a Flagstaff, un indivídu encerrado en si mesmo cuxa cobardía convírte-o nun experto para sobrevivir entre os zombis, pero que é forzado a sair da súa cuncha para se unir a un grupo de supervivintes, entre os que está Harrelson.

De Eisenberg soubemos hai pouco, cando decidiu unir-se á comédia ambientada nos anos 80 Adventureland, na que interpreta a un universitário recén graduado que acepta un traballo lixo nun parque de atraccións da súa localidade.

Ruben Fleischer dirixirá Zombieland a partir dun guión da equipa formada por Rhett Reese e Paul Wernick.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!