Braga baila o mambo

8 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Alice BragaAlice Braga (Eu son Lenda) revelou á prensa que será a coprotagonista xunto a Jude Law no thriller de ciéncia-ficción Repossession Mambo. O filme, do director debutante Miguel Sapochnik, tamén conta con Forest Whitaker, Carice van Houten, o rapeiro The RZA e Liev Schreiber.

É realmente interesante“, dixo Braga nunha rolda de prensa mentres promocionaba o seu último filme, Blindness (A Cegueira). “É unha história tola nalgún senso, supoñer que hai unha indústria de órganos artificiais. Así que é un filme tolo“. Braga é brasileira e non sabe falar moito inglés.

Repossession Mambo ambiénta-se nun futuro non moi afastado, cando axente merca órganos artificiais a creto. E aqueles que non poden facer fronte aos pagos do creto, deberán devolver os órganos que lles foran implantados.

Law interpreta a Remy, un repoñedor cuxo corpo está cheo de órganos artificiais… e que debe fuxir cando non pode seguir pagando as facturas.

Interpreto a un persoaxe que é unha rapaza cunha vida e con soños por diante, e de súpeto todo iso muda“, dixo Braga. “E daquela todo o seu corpo cámbia. É realmente difícil falar dela, porque se digo algo, revelaría demasiado sobre o que lle vai acontecer“.

O Presidente Glover

8 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Danny GloverDanny Glover ven de anunciar que será o vindeiro Presidente dos Estados Unidos. Pero non sinifica que vaia sustituir a Obama coma primeiro presidente negro na Casa Branca, senón que será o máximo dirixente americano no vindeiro filme do director Roland Emmerich, o épico e apocalíptico 2012.

Coido que é un papel simbólico dentro do filme“, dixo Glover nunha rolda de prensa en New York o pasado venres mentres promocionaba Blindness (A Cegueira). “2012 é… como é que chaman a Roland Emmerich? O rei da destrución? Ben, xa sabedes que a cosmoloxía máia di que o mundo rematará en 2012. E este presidente será elixido en 2008“.

Glover engadiu: “Hai un reparto realmente fantástico [que inclúe a Woody Harrelson, Chiwetel Ejiofor, Amanda Peet, John Cusack e Thandie Newton]. Woody Harrelson e Chiwetel Ejiofor son realmente marabillosos. Pero é realmente interesante. Nunca estivera nun filme coma este antes. Ben, coido que a última cousa que na que estivera con toda esta destrución fora en Depredador 2 ou algo coma iso, hai anos. É case noutra vida, hai unha vida“.

O filme trata sobre o comportamento de todos os persoaxes cando se decatan da realidade de que o mundo vai desaparecer, en 2012. A estrea está prevista un pouco antes, para o 10 de xullo de 2009.

Secuela de O Protexido?

8 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

M. Night Shyamalan revelou que está a considerar a posibilidade de traballar nunha secuela do seu éxito Unbreakable (O Protexido). O director dixo que ainda ten que escribir un guión, pero que ten que face-lo “polos motivos correctos“, e que “en canto abandoe o proxecto, chegarán-me as ideias“.

Anne Hathaway será a Raíña Branca

8 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Anne HathawayAnne Hathaway, de moda na actualidade por mor da súa participación na série Rachel Getting Married e a quen veremos axiña no thriller de terror Passengers, ven de asinar para protagonizar Alice in Wonderland, o filme que Tim Burton está a dirixir para a Disney.

Helena Bonham Carter, unha das actrices musa de Burton (con quen xa traballou en filmes coma O cadáver da noiva, Charlie e a Fábrica de Chocolate e O Planeta dos Símios), tamén uniu-se ao reparto.

O filme, que protagonizan Mia Wasikowska como Alícia e Johnny Depp coma o Sombrereiro Tolo, utilizará unha combinación de acción real e tecnoloxía de captura de imaxes para narrar o famoso libro de Lewis Carroll.

Hathaway interpretará á Raíña Branca, unha monarca benévola que é deposta e desterrada pola súa irmá, a Raíña Vermella (Carter), quen ten afección por andar berrando “Que lle curten a cabeza!“. A Raíña Branca precisará de Alícia para poder matar a unha creatura coñecida coma Bandersnatch (en español adóita-se traducir coma Zamarraco ou cousas semellantes).

Richard Zanuck, Joe Roth e Jennifer e Suzanne Todd serán os produtores.

Duchovny deixa a rehabilitación

8 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O actor David Duchovny, o axente Mulder de Expediente X, ven de abandoar a clínica de rehabilitación onde ingresara o pasado mes de agosto por mor da súa adición ao sexo. Segundo afirmou o seu representante, “David cumpriu o seu tratamento e está rehabilitado. Ademáis vai empezar rodar unha nova película“.