Surveillance gaña en Sitges
Se hai vintedous anos era David Lynch quen gañaba con Veludo azul a María (así é como chaman á estatuíña que dan aos gañadores porque é unha reprodución da célebre androide de Metrópole) á Millor Película no Festival de Sitges, agora a sua filla Jennifer Chambers Lynch toma o relevo con Surveillance e logra tamén o máximo galardón do xurado.
Surveillance céntra-se no interrogatório que realizan dous recén chegados axentes do FBI, Bill Pullman e Julia Ormond, ás testemuñas dunha comisaría dunha pequena localidade de Nebraska. O obxectivo é tentar clarexar o caso dunha parella de asasinos en série que está a actuar na zona.
Cunha atmosfera enfermiza, uns persoaxes que agochan unha cara perversa e un xiro de 180 graos na parte final do filme, esta é a segunda fita de Jennifer Lynch, quen debutou fai quince anos coa pésimamente recibida por crítica e público A miña obsesión por Helena.
Entre o resto de triunfadoras desta edición estivo o filme de animación The Sky Crawlers, do xaponés Mamoru Oshii (Ghost in the Shell), co prémio á milljor música, o do xurado Novo (ex-aequo con Vinyan, de Fabrice du Welz), e mais o da crítica. Lér mais

