O Cabaleiro Escuro converteu-se no segundo filma na história de Hollywood en chegar aos 500 millóns de dólares de recadación só nos Estados Unidos. A secuela de Batman acadou o récord na metade de tempo que Titanic, que tivo que agardar tres meses para chegar a esa cifra.
3
Set2008
Novo récord para Batman
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
3
Set2008
Legend of the Seeker
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
Ted Raimi (Spiderman 3), o actor que é ademáis irmán do director e produtor executivo da série de TV Legend of the Seeker Sam Raimi, será a estrela convidada nun vindeiro episódio da série de fantasía. Ted Raimi aparecerá no cuarto episódio da série no papel de Sebastian, un cartógrafo experto ademáis na cartogramáncia, o [...]
2
Set2008
Colección de Terry Pratchett
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
Ven de se lanzar á venda en toda España da man de Edicións Altaya a colección El Sorprendente Mundo de Terry Pratchett, que pón a dispor do lector un total de 29 títulos, a meirande parte pertencentes aos seu aclamado mundo de fantasía humorística: Mundodisco. O primeiro libro da colección, O color da máxia, publíca-se [...]
31
Ago2008
Vadim Perelman en Poltergeist?
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
Segundo apuntan os últimos rumores, o director ucraíno Vadim Perelman está en conversas para se encargar do remake do filme Poltergeist, que foi anunciado oficialmente este mes. No pasado xa estivo vencellado a outros proxectos coma Atlas Shrugged ou The Talisman, pero o seu nome foi sempre eliminado das listas de candidatos.
31
Ago2008
A vida imita ao arte
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
O protagonista de Expediente X David Duchovny ven de ingresar voluntáriamente nunha clínica de rehabilitación por mor da súa adicción ao sexo. O curioso do tema é que o actor está a interpretar na súa actual série Californication a un persoaxe con ese tipo de adicción.
29
Ago2008
Doutor Who ao cinema?
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
Steven Moffat, gañador do prémio BAFTA polos guións da série Doutor Who, ven de revelar que podería estar en preparación o chimpo do persoaxe á pantalla grande. Esta saga televisiva é moi popular en Inglaterra, onde debutou en 1963, e foi emitida hai máis dunha dúcia de anos pola TVG, cando a canle autonómica ainda [...]
29
Ago2008
The Strangers… 2
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
A Rogue Pictures ven de lle dar a luz verde á produción dunha secuela do seu recente éxito The Strangers, para o que contará novamente co director e guionista Bryan Bertino. Tamén agardan poder contar coa actriz Liv Tyler de nuevo. A primeira parte deste filme debutará en España o 19 de setembro.
27
Ago2008
Zombieland
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
Woody Harrelson será o protagonista da nova comédia de terror Zombieland, un filme que contará cun guión escrito pola equipa composta por Rhett Reese e Paul Wernick (The Joe Schmo Show), e que vai sobre un par de supervivintes nun mundo dominado polos zombis. Harrelson interpretará a un loitador contra os zombis chamado Albuquerque. Ruben [...]
26
Ago2008
Kevin McKidd, o Inmortal
Categoría: Breves |
Escribir un comentário
O actor escocés Kevin McKidd (Roma, Journeyman) dixo nunha recente entrevista que recibiu unha oferta para protagonizar o remake da franquía Highlander (Os Inmortais). O filme orixinal, de 1986, fora protagonizado por Sean Connery e Christopher Lambert e tivo dúas secuelas. A Summit Entertainment xa manifestou a súa intención de revitalizar a franquía cun novo [...]



