Pinocho del Toro

13 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Guillermo del Toro confirmou que está atrás do remake de O Orfanato e que está ademáis a engadir un novo proxecto á súa longuísima lista: Pinocho, que seica será un filme con monicreques de tamaño real.

Os Wayans e os Munsters

12 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Os irmáns Marlan e Shawn Wayans están a rematar o terceiro esbozo de guión para a súa versión da clásica sitcom dos anos 50 Os Munsters. Os guionistas, produtores e actores non participarán no reparto deste filme, descrito coma o reinício dos persoaxes clásicos.

Candidaturas d’O Orfanato

9 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

As candidaturas aos Prémios do Cinema Europeo de 2008 foron presentadas este sábado en Sevilla e o filme español de terror O Orfanato acadou catro nominacións. O vindeiro 6 de decembro coñecerán-se os gañadores en Copenhagen (Dinamarca).

Éxito de 007

3 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O Quantum of Solace de James Bond regresou esta fin de semana cun abraiante récord nos despachos de billetes de 38,6 millóns de dólares obtidos en Inglaterra, Franza e Suécia. O novo de 007 arrasou o anterior récord no Reino Unido que tiña Harry Potter e o Cáliz de Fogo con 25,3 millóns e obtivo nada menos ca o 70% do mercado de espectadores que acodiron ao cinema.

Secuela de Halloween

3 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O remake que Rob Zombie fixo en 2007 do filme Halloween terá unha secuela. O produtor Malek confirmou os seus plans para unha segunda parte, coa preprodución agardada para o mes de xaneiro. A rodaxe escomezará en marzo.

Mais en Season of the Witch

3 de Novembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Stephen Graham completará o reparto de actores para o filme de terror da Relativity Season of the Witch. Nicolas Cage e Ron Perlman serán os protagonistas deste filme cuxa rodaxe escomezará este mes en Áustria e Hungría.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »