Se hai vintedous anos era David Lynch quen gañaba con Veludo azul a María (así é como chaman á estatuíña que dan aos gañadores porque é unha reprodución da célebre androide de Metrópole) á Millor Película no Festival de Sitges, agora a sua filla Jennifer Chambers Lynch toma o relevo con Surveillance e logra tamén [...]

A Universal ven de contratar ao director español Juan Antonio Bayona (O Orfanato) para que se encargue de realizar Hater, a adaptación realizada polo guionista Glen Mazzara da novela do escritor inglés David Moody, un thriller apocalíptico sobre unha epidémia de violéncia perpetrada por xente normal.
Bayona, que fará o seu debut directorial en inglés con [...]

Seica xa está pechado o trato para que Josh Brolin protagonice Jonah Hex, un filme baseado na novela gráfica do mesmo nome e que conta cun guión de Mark Neveldine e Brian Taylor (Crank) que disporá da produción e distribución da Warner Bros. Ainda que fontes preto de Brolin negan que haxa ainda un acordo, [...]

A Warner Brothers e mais a Red Wagon veñen de contratar a Kevin Lima (Enchanted) para que dirixa Tom Thumb, un filme de acción real que narrará as orixes de Tom Thumb (o persoaxe da mitoloxía inglesa que en Galiza coñecemos coma Polgarciño).
Os xefes da Red Wagon Doug Wick e Lucy Fisher serán os produtores, [...]

O antigo intérprete de Perdidos Dominic Monaghan e mais Freddy Rodriguez (Dous metros baixo terra) protagonizarán Fortuna, un thriller de terror e ciéncia-ficción.
Ambientado en 2100, Fortuna presénta-nos unha Terra onde unha economía afundida e mais a crise do clima eliminaron as clases médias, deixando a só uns poucos ricos e as grandes masas na profunda [...]

Alice Braga (Eu son Lenda) revelou á prensa que será a coprotagonista xunto a Jude Law no thriller de ciéncia-ficción Repossession Mambo. O filme, do director debutante Miguel Sapochnik, tamén conta con Forest Whitaker, Carice van Houten, o rapeiro The RZA e Liev Schreiber.
“É realmente interesante“, dixo Braga nunha rolda de prensa mentres promocionaba o [...]

keep looking »
  • Publicidade