Disney merca a Monster Attack Network

7 de Agosto de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Monster Attack NetworkA Disney non adoita mercar os dereitos sobre os cómics doutros (a última vez foi xusto hai un ano con Pet Robots, que ainda está en preprodución). De feito, a Disney xa ten abondo persoaxes de seu como para precisar mercar os de terceiros.

Pero seica agora volveran tenta-lo, e ao grande. De feito, veñen de mercar os dereitos sobre a obra de Marc Bernardin e Adam Freeman Monster Attack Network, unha história para todos aquelos que disfrutan cos filmes de Godzilla.

O argumento xira ao redor da illa de Lapuatu, no Pacífico Sul, unha illa perfecta en todos os sensos, agás porque é o obxecto dos frecuentes ataques de monstros mariños xigantes. E aí é onde aparece Monster Attack Network, un grupo de tipos duros que loita contra os monstros, ainda que non adoitan mata-los, e logo adícan-se a supervisar a reconstrución dos destrozos. Os protagonistas son o guapo e musculoso Nate Klinger e mais a súa incríbelmente sexi axudante Lana Barnes.

Ainda non hai director nin data de lanzamento para o proxecto, pero Jason Netter (Wanted) será o produtor. O reparto de actores está aínda na fase do cásting.

Astérix volve en galego

7 de Agosto de 2008 por Editor  
Arquivado como Cómic

AstérixAs aventuras de Astérix e Obélix, os dous galos que lideran á pequena aldea que resistiu á invasión romana, volverán ser lidas en galego despois de que a editorial Salvat Bruño decidise lanzar o vindeiro outono un novo tomo triplo que se traducirá ao castelán, ao catalán, e, por fin após de moitos anos, ao galego. A Editorial adiánta-se asemade á celebración do 50 aniversário destas aventuras de Goscinny e Uderzo que veñen acompañando aos rapaces e non tan rapaces ao longo de xeracións.

A volta ao galego do famoso cómic foi ben recibida por moitos colectivos, especialmente pola sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística que dende 2005 viña liderando numerosas campañas de presión para que as aventuras de Astérix volveran a se publicar en galego. A Mocidade considera esta decisión da editorial como “unha excepcional nova” despois de que durante todo este tempo se conseguiran máis de once mil sinaturas entre pais, profesores e nenos.

E é que foi precisamente en 2005 cando se publicou o tomo Le ciel lui tombe sur la tête en 25 línguas entre as cales non estaba o galego. Como resposta á decisión por parte da Salvat Bruño de non querer publicar Astérix en galego, pero si noutros idiomas coma o catalán, dende a Mesa se chegou facer un chamamento aos coléxios para que non mercasen as aventuras de Astérix.

Tres anos tiveron que agardar os numerosos seguidores destes dous galos e da súa poción máxica para poder lér as súas aventuras en galego que, fai máis de trinta anos foran traducidas polo escritor Eduardo Blanco Amor.

Lovecraft inspirou BD portuguesa

26 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cómic

Murmúrios das ProfundezasO universo fantástico do escritor H.P Lovecraft serviu de inspiração para a banda desenhada Murmúrios das profundezas, a editar esta semana, que reúne seis contos escritos e desenhados por oito autores portugueses.

Murmúrios das profundezas, que foi lançado hoje sábado na Casa da Animação, no Porto, é um projecto de Rui Ramos, um geólogo de formação, autodidacta em banda desenhada, que convidou sete outros autores para escrever e desenhar contos inspirados na obra de Lovecraft.

Cada frase que eu leio de Lovecraft desperta-me ideias para outras histórias“, disse Rui Ramos, 30 anos, à agência Lusa, referindo que descobriu a obra daquele escritor por causa de um curso de escrita criativa.

O livro, uma edição de autor com uma tiragem de 200 exemplares, reúne seis contos escritos e desenhados por Rui Ramos, Diogo Campos, Flávio Gonçalves, Luís Belerique, Ricardo Reis, Diogo Carvalho, Phermad e Vanessa Bettencourt, todos eles tendo em comum o gosto pela BD e por Lovecraft.

Rui Ramos conheceu-os através do fórum de BD na Internet Central Comics e em festivais de banda desenhada. Todos eles têm formação diversa, que vai da astronomia ao design, e são de diferentes cidades, de Braga a Faro.

O ponto de contacto para fazer Murmúrios das profundezas ao longo do último ano foi mesmo a Internet, com a troca de textos e esboços de histórias a ser feita por correio electrónico.

Quando se preparam para lançar Murmúrios das profundezas, cuja apresentação na Casa da Animação será acompanhada por uma exposição a descorrer do 26 de Julho ao 5 de Setembro com os esboços originais, os autores estão já a trabalhar numa nova BD, intitulada Voyager.

Esta BD, que sairá em 2009, mantém-se no registo do fantástico e ficção científica e tem apenas uma personagem, um viajante que se aventura por mundos paralelos à Terra.

Elfquest vai ao cinema

10 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

ElfquestA Warner Brothers e mais Rawson Thurber están a desenvolver Elfquest, un filme fantástico baseado no clásico cómic de culto de Wendy e Richard Pini.

Thurber (Dodgeball: A True Underdog Story) escribirá o guión, dirixirá e producirá a longametraxe, cuxo formato ainda está por determinar.

O cómic orixinal, que os Pini escomezaron a publicar eles mesmos en 1978, vai sobre unha tribo de elfos coñecidos coma os Wolfriders (a tribo do Lobo, na tradución española) que intentan sobrevivir e entrar en contacto con outros elfos espallados nun planeta semellante á terra pero que conta con dúas lúas, todo mentres se enfrontan a outras tribos de humanos e trolls, que ás veces son aliados e outras inimigos.

A série, que en certos intres da súa história foi publicada tanto pola Marvel coma pola DC Comics, atraiu a unha audiéncia madura a medida que ía publicándo-se, xa que contaba con escenas de batallas e sexo que para a época eran moi fortes.

O Bruto nas pantallas grandes

3 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

The GoonA Dark Horse Entertainment, David Fincher e mais a produtora de debuxos animados Blur Studios unirán as súas forzas para desenvolver unha versión cinematográfica do cómic de culto The Goon (O Bruto) en forma de filme de animación.

Creado por Eric Powell en 1999, o cómic vai sobre as aventuras dun bruto musculoso que afirma ser o principal matón dun temido gángster. As histórias teñen un toque entre paranormal e cómico e nelas participan pantasmas, zombies, científicos tolos e monstros que queren invadir a sua zona na cidade. O seu meirande inimigo é o Pope Zombie e a sua banda de non-mortos, un capo mafioso que quere apoderar-se da cidade. O Bruto gañou en 2005 o prémio Eisner á millor série regular e á millor publicación de humor. En Galiza póde-se atopar nas librarías xa que foi publicado por Norma Editorial, iso si, en español.

Powell, que deu a nova no seu sítio Web o pasado día 2 de xullo, será o guionista do filme, e Fincher o produtor.

Ainda non hai ningún estudo importante após deste proxecto, pero seica hai vários interesados.

A Estraña Emily

6 de Xuño de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Emily the StrangeA icona gótica de milleiros de adolescentes Emily the Strange será adaptada ao cinema grazas á Dark Horse Entertainment. O filme narrará a orixe do persoaxe e mais dos seus catro misteriosos gatos.

O patinador Rob Reger creou a este persoaxe nos anos 90 coa intención de utiliza-la en autocolantes, camisetas e monopatíns que vendería a súa empresa, Cosmic Debris. Dende aquela, Emily ven adornando unha ampla variedade de merchandising, incluindo xoguetes, accesórios escolares, e moitos aparellos. En 2005 apareceu por primeira vez nunha série de cómic editado pola Dark Horse Comics, Emily the Strange nº1: Chairman of the Bored. O persoaxe, que adoita apoarecer xunto aos seus catro gatos, converteu-se axiña nunha icona para as rapazas seguidoras do estilo gótico e nunha figura do anticonformismo feminino. Reger continúa a ser o director creativo do persoaxe e ún dos vários artistas responsábeis de Emily.

O presidente da Dark Horse Entertainment, Mike Richardson, supervisará o proxecto. Xa ten algunha experiencia no cinema de xénero porque foi o produtor dos dous filmes de Hellboy, así coma de 30 Days of Night. El e mais Reger están á procura dun director. A elección do realizador podería indicar de que tipo pode ser o filme: acción real, animación ou unha combinación de ambas as dúas. O proxecto ainda non ten o apoio de ningún estudo, ainda que a Universal ten moitas papeletas ao ser pareceiro noutros negócios coa Dark Horse.
Lér mais

« Páxina anteriorPáxina seguinte »