Gañadores dos Prémios Scream 2008

22 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

The Dark Knight

The Dark Knight

Os prémios Scream 2008, que concede a canle Spike TV adicada aos xéneros de fantasía, ciéncia-ficción e terror foron dados a coñecer no decurso da gala de presentación emitida onte día 21, e esta é a listaxe completa cos gañadores:

  • Millor filme “Scream”: O cabaleiro escuro
  • Millor filme fantástico: Hellboy II: O Exército Dourado
  • Millor filme de terror: Sweeney Todd: O demo Barbeiro de Fleet Street
  • Millor filme de ciéncia-ficción: Iron Man
  • Millor série de TV: Dexter
  • Millor superheroe: Christian Bale coma Batman en O cabaleiro escuro
  • Millor actor de fantasía: Heath Ledger en O cabaleiro escuro
  • Millor actor de terror: Johnny Depp en Sweeney Todd: o demo barbeiro de Fleet Street
  • Millor interpretación debutante: WALL-E en WALL-E
  • Millor actriz de terror: Liv Tyler en The Strangers
  • Millor falcatruán: Heath Ledger coma o Joker en O cabaleiro escuro
  • Millor actriz de fantasía: Angelina Jolie en Wanted
  • Millor actor secundário: Gary Oldman en O cabaleiro escuro
  • A escena “The Holy Sh*t!” do ano: a derrapaxe da moto de Batman en O cabaleiro escuro
  • A mutilación máis memorábel: Vagina with Teeth
  • Millor guión: O cabaleiro escuro por Christopher Nolan, Jonathan Nolan e David Goyer
  • Millor adaptación de cómic ao cinema: Buffy Cazavampiros, oitava tempada.
  • Millor secuela: O cabaleiro escuro
  • Millor Director: Christopher Nolan, O cabaleiro escuro
  • Millor remake: Halloween
  • Millor actor de ciéncia-ficción: Robert Downey Jr en Iron Man
  • Millor actriz de ciéncia-ficción: Milla Jovovich en Resident Evil: Extinction
  • Millores efectos especiais: O cabaleiro escuro
  • Millor cómic: Y: The Last Man
  • Millor filme de cómic: O cabaleiro escuro
  • Millor debuxantre de cómics: Gabriel Ba, The Umbrella Academy: Apocalypse Suite
  • Millor guionista de cómics: Grant Morrison por Batman, Final Crisis
  • Millor xiro inesperado nun cómic: A desbandada da Patrulla X após de que disparen na cabeza ao Profesor X
  • Millor frase: “Coido que todo o que non te mata fai-te máis raro” polo Joker en O cabaleiro escuro

Gañadores dos Ignotus 2008

1 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Os prémios IgnotusNo decurso da cea oficial da Hispacon celebrada a pasada fin de semana en Almería, déron-se a coñecer os gañadores dos Prémios Ignotus, concedidos pola Asociación Española de Fantasía, Ciéncia-Ficción e Terror aos millores no xénero fantástico do ano anterior e votados polos seus sócios e polos asistentes ao congreso.

Esta é a relación de gañadores:

  • Millor novela: Alejandro Magno y las Águilas de Roma, de Javier Negrete
  • Millro novela curta: Mundo al revés, de Ángel Padilla
  • Millor conto: La apertura Slagar, de Santiago Eximeno e Alfredo Álamo
  • Millor antoloxía: Premio UPC 2006, de vários autores.
  • Millor ensaio: Fantástica Televisión, de Alfonso Merelo
  • Millor artigo: Hermeneútica relativista, de Gabriella Campbell
  • Ilustración: Cristales de fuego, de Felideus
  • Produción audiovisual: REC, de Jaume Balagueró e Paco Plaza
  • Cómic: La Legión del Espacio, de Alfredo Álamo e Fedde Carroza
  • Poesía: El árbol del dolor, de Gabriella Campbell e Víctor Miguel Gallardo Barragán
  • Revista: Hélice
  • Millor novela estranxeira: A Estrada, de Corman McCarthy
  • Millor conto estranxeiro: O monstro das galletas, de Gañadores dos Ignotus 2008
  • Millor sítio Web: NGC 3660

Finou Paul Newman

27 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans, Vários

Paul NewmanPaul Newman, unha das derradeiras lendas de Hollywood, finou hoxe aos 83 anos de idade por mor dun cancro que padecía dende había vários meses na súa casa de Westport, Connecticut.

Newman, cuxos abraiantes ollos azuis e mais a súa grande xenerosidade fixérono unha das persoalidades máis aprezadas dos nosos tempos, nacera en Shaker Heights, Ohio, en 1925.

Na súa carreira, que comprende algún dos filmes máis salientábeis da história do cinema, non hai máis ca unhas poucas aparicións no xénero fantástico, e dúas delas foron xusto no comezo e no final: un episódio da série de ciéncia-ficción de TV Tales of Tomorrow en 1952 e máis a voz do persoaxe Doc Hudson no filme de debuxos animados Cars.

Newman tamén interveu no telefilme protagonizado pola súa muller Come Along with Me en 1982 e mais na longametraxe totalmente prescindíbel Quintet (1979), na que participou asemade o actor de orixe galega Fernando Rey.

Paul Newman foi unha auténtica estrela dentro e fora dos escenários, foi nominado nove veces ao Oscar e gañou dous, ún deles honorífico. Sobrevíve-lle a súa muller, Joanne Woodward, con quen levaba casado 50 anos, cinco fillas e vários netos. O seu fillo Scott Newman morrera por mor dunha sobredose de drogas en 1978.

Gañadores dos Prémios British Fantasy

23 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans, Libros

The grin of the DarkOs gañadores dos prémios British Fantasy deste ano xa se deron a coñecer. Foron presentados no decurso da Fantasycon, celebrada a pasada fin de semana en Nottingham. A listaxe completa vai de seguido:

  • Prémio especial Karl Edward Wagner: Ray Harryhausen
  • Prémio Sydney J. Bounds ao millor autor revelación: Scott Lynch
  • Prémio August Derleth á millor novela: The Grin of the Dark, de Ramsey Campbell
  • Millor novela curta: The Scalding Rooms, de Conrad Williams
  • Millor conto: My Stone Desire, de Joel Lane
  • Millor antoloxía: The Mammoth Book of Best New Horror 18, de Stephen Jones
  • Millor colección: Old Devil Moon, de Christopher Fowler
  • Millor obra de non-ficción: Whispers of Wickedness, de Peter Tennant
  • Millor editorial afeccionada: PS Publishing (dirixido por Peter Crowther )
  • Millor artista: Vincent Chong

Poxa por obxectos terroríficos

19 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Bart Simpson coma Harry PotterFacer-se co monstro orixinal de The Cave, unha tableta exípcia xigante de A Múmia 2 ou un debuxo orixinal de Bart Simpson disfrazado de Harry Potter por fin ten un prezo.

Ou poñer-se o brazalete do hospital que levaba Jessica Alba en The Eye, as camisas rachadas e ensanguentadas dos protagonistas de Cloverfield ou mesmo a chaqueta de Terminator 3 que levaba posta Arnold Schwarzenegger!

Estes e outros obxectos procedentes de filmes de terror serán postos á poxa o vindeiro día 11 de outubro en benefício da Entertainment Industry Foundation, unha fundación adicada ao coidado, saúde, educación e outros asuntos sociais dentro da comunidade de Hollywood.

A empresa Premiere Props está a recoller estes obxectos, nunca até agora vistos nascasas de poxa. Xa teñen disfraces raros e obxectos procedentes de filmes coma Sleepy Hollow, Aeon Flux, Grindhouse, Rob Zombie’s Halloween, Terminator 3, Hell Ride, Ancient Resident Evil: Extinction, Underworld Evolution e moitos outros. A revista Fangoria é a copatrocinadora deste evento.

Os interesados poden ver os obxectos nun almacén en El Segundo, Califórnia, antes da poxa, pero para o resto dos mortais todos están dispoñíbeis en eBay. A poxa escomeza o 11 de outubro ás 9 da mañán, hora local de Califórnia.

Galiza, convidada ao Fantasporto 2009

19 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

FantasportoSegundo veñen de informar os nosos compañeiros do portal Vieiros, o cinema galego será protagonista na vindeira edición do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Porto, que se desenvolverá na cidade portuguesa entre o 16 de febreiro e o 1 de marzo. En edicións pasadas algunhas cinematografías convidadas foran as da Índia, Dinamarca, Bélxica, España, Hungría, Canadá, Austria, Xapón ou Holanda. Todas cunha traxectoria e un peso importantes. Neste ano o cinema galego levará a Portugal unha salientábel representación, na que xa está confirmada a proxección de O Bosque Animado, Onyria ou Un Franco, 14 Pesetas, que recebiu o grande prémio da Semana dos Realizadores de Fantasporto 2007.

No tocante ao resto da programación, os contactos realizados durante o Festival de Cannes 2008 permitirán ver en Porto algúns dos filmes máis salientábeis do ano, coma Delta do húngaro Kornél Mundruczó, que obtivo o prémio da crítica no festival francés. Tamén haberá un espazo para o cinema de Corea do Sul, coa presenza de Hansel & Gretel de Yim Phil-Sung e The Chaser de Na Hong-Jin, que veñen de ser premiados no mais importante festival de cinema fantástico sulcoreano.

No festival realizará-se-lle unha homenaxe a José Fonseca e Costa, nome grande do cinema novo portugués que axudou a fundar con O Recado en 1972. A maior parte dos filmes do cineasta de orixe angolana están centrados na comédia de costumes, de que son exemplos Kilas, O Mau da Fita, Sem Sombra de Pecado e Viuva Rica Solteira não Fica ou no drama social e político como en A Balada da Praia dos Cães e Cinco Dias, Cinco Noites.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »