A cantante londinense Amy Winehouse prepara a súa vinganza após de ser humillantemente descartada do último filme de James Bond, Quantum of Solace, que se estreará o 31 de outubro en Inglaterra, e no que ela ía compoñer e interpretar o tema principal.
A polémica cantante revelou que pensa rematar a gravación de Another way to [...]

O Teatro parisino do Châtelet pecha a sua tempada lírica cunha verdadeira traca final: a estrea mundial, este mércores, de The Fly (A Mosca), primeira ópera de Howard Shore, dirixida por Plácido Domingo ao fronte da Orquestra Filharmónica de Radio France e polo cineasta canadiano David Cronenberg, tres artistas de poderío internacional que decidiron trasladar [...]

A produtora The Weinstein Co. ven de anunciar un cobizoso plan que suporá o desenvolvemento de dous novos proxectos para o teatro, que comezará axiña cunha versión musical de Finding Neverland en 2010, e continuará cunha representación do álbum de Pink Floyd The Wall.
Finding Neverland, baseado no filme de 2004 da Miramax sobre a história [...]

O compositor Joel Goldsmith ven de rematar a banda sonora de Stone’s War, un filme de guerras con zombis do realizador finés Marko Makilaakso sobre un inimigo que seica se ergue de entre os mortos.
Stone’s War, dirixida e escrita por Makilaakso, céntra-se nun pelotón de soldados americanos e finlandeses que están a matar aos mesmos [...]

A polémica cantante inglesa Amy Winehouse ven de ser a elixida para compoñer, xunto a Mark Ronson, o tema principal da nova entrega de James Bond, papel que volverá encarnar Daniel Craig. Ambos atopan-se xa gravando Quantum of Solace.
Esta canción será “moi escura“, segundo se puido saber, pero encaixará “perfectamente” no peculiar estilo da artista, [...]

A cantante canadiana de rock Alanis Morissette ven de se unir ao reparto do filme semi-autobiográfico que sobre a vida do escritor de ciéncia-ficción Philip K. Dick pretende facer-se baixo o título de Radio Free Albemuth.
Neste filme do director e guionista John Alan Simon, Morissette interpretará a Sylvia, unha muller qu aparece na visión dun [...]

  • Publicidade