Sega ven de facer público o argumento para o seu novo xogo de Sonic exclusivo para a Wii titulado Sonic e o Cabaleiro Negro. Este título é parte da saga de aventuras inspirada en obras literárias que deu comenzo con Sonic e os Anéis Secretos.
Nesta ocasión, o ourizo azul deixará a un lado A mil [...]
23
Xull2008
Sonic en Camelot
Categoría: Videoxogos |
Escribir un comentário
15
Xull2008
Lost Planet, a adaptación
Categoría: Cinema, Videoxogos |
Escribir un comentário
A Warner Bros e mais a Capcom (que está a se implicar en profundidade coas adaptacións dos seus videoxogos) unirán as súas forzas para ofrecer-nos unha adaptación de Lost Planet para a pantalla grande. O libreto escribirá-o o actor de voz e guionista David Hayter, que ven de rematar o seu traballo en Watchmen.
O videoxogo [...]
15
Xull2008
A vindeira 13ª entrega do clásico entre os clásicos da fantasía no mundo dos videoxogos, o xogo de rol Final Fantasy, aparecerá ao mesmo tempo para as plataformas da Xbox 360 e PlayStation 3, segundo ven de confirmar Yoichi Wada, o presidente da Square Enix, nun anúncio especial no decurso dunha rolda de prensa no [...]
9
Xull2008
A empresa creadora de videoxogos Ubi Soft realizou un achegamento directo ao mundo do cinema. A compañía francesa adquiriu a propriedade dos estudos canadianos Hybride Technologies, os creadores dos efectos especiais dos filmes Sin City e 300. Nun princípio, a ideia da editora de videoxogos é usar á devandita compañía para realizar os efectos especiais [...]
2
Xull2008
Anúncia-se Diablo III
Categoría: Videoxogos |
Escribir un comentário
A Blizzard Entertainment ven de anunciar que xa ten en desenvolvemento Diablo III, a terceira entrega desta clásica franquía de videoxogos.
No decurso das cerimónias inaugurais da súa xira mundial en París o pasado día 30 de xuño, a Blizzard Entertainment desvelou xa oficialmente que lanzarán Diablo III para PC e Mac.
Había moita expectación polo anúncio [...]
19
Xuñ2008
O aclamado escritor de cómics e novelas Neil Gaiman, autor de obras tan prestixiosas coma Sandman, verá como unha das suas creacións será convertida nun videoxogo.
A obra en cuestión será a novela Coraline, que chegará ás consolas de sobremesa e ás portátiles inspirándo-se sobre todo na longametraxe homónima que está prevista para 2009.
A historia narra [...]
10
Xuñ2008
Leonardo DiCaprio será o produtor e protagonista do vindeiro filme biográfico baseado na vida do fundador da Atari, Nolan Bushnell. Escrito por Brian Hecker e Craig Sherman, Atari centrará-se na vida de Bushnell, ún dos pais fundadores da indústria dos videoxogos.
Bushnell e Ted Dabney fundaron Atari en 1972 e foron os pioneiros en ofrecer xogos [...]
29
Mai2008
A produtora Platinum Dunes propriedade de Michael Bay ven de mercar os dereitos sobre a Ouija, o popular xogo de mesa da compañía xogueteira Hasbro para converte-la nun filme. O proxecto será realizado pola Universal, empresa coa que a Hasbro asinara unha asociación para seis anos.
Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller producirán a longametraxe [...]
22
Mai2008
Gyllenhaal marcha a Pérsia
Categoría: Cinema, Videoxogos |
Escribir un comentário
Jake Gyllenhaal e Gemma Arterton serán os protagonistas de Prince of Persia: The Sands of Time, a adaptación ao cinema da Disney e da Jerry Bruckheimer Films do popular videoxogo da Ubisoft. Polo de agora só se sabía que Mike Newell ía ser o director.
Nesta aventura fantástica, Gyllenhaal interpretará a Dastan, un xove príncipe na [...]



