Zack Snyder pása-se aos videoxogos

1 de Outubro de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Zack SnyderZack Snyder, o director do filme 300, ven de asinar un contrato para desenvolver tres videoxogos para a empresa Electronic Arts, a máis importante produtora de videoxogos dos Estados Unidos.

O pacto sería moi semellante ao que fixera a EA con Steven Spielberg en 2005. A súa primeira colaboración, un xogo tipo puzzle para a Nintendo Wii titulado Boom Blox, foi lanzado en primavera con boas críticas pero moi malas vendas.

Coma Spielberg, Snyder traballará coa sucursal da EA en Los Angeles nos estudos de Playa Vista para producir os seus xogos. A EA será a propietária do copyright, pero segundo o trato, os xogos poderían converter-se en películas que nese caso serían producidas pola empresa de Snyder, a Cruel & Unusual Films, na que tamén participan Deborah Snyder e mais o produtor Wesley Coller.

Dado o grande éxito de 300 entre os rapaces, que son os que máis videoxogos compran, a EA ten a esperanza de que o nome e mais as ideias de Snyder atraian especialmente a ese segmento do mercado.

Zack Snyder ten un estilo creativo fresco e directo que resoa entre o corazón da nosa audiéncia“, dixo o presidente da EA Games Frank Gibeau nunha declaración pública. Snyder unirá-se a un pequeno grupo de directores de Hollywood que xa son produtores de videoxogos, entre os que xa se atopan Spielberg, John Woo e Peter Jackson.

A Warner Bros. está a crear dous xogos para descargar-se da Internet vencellados á vindeira película de Snyder, a adaptación á pantalla grande do cómic Watchmen, mentres que a Brash Entertainment está a realizar outro baseado no seu filme 300.

Chega Warhammer online

18 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Warhammer onlineOs xogadores de rol de todo o mundo están de noraboa, porque esta mañán ás 9:00 horas por fin naceu o agardado Warhammer Online: Age of Reckoning para a plataforma PC, todo un clásico dentro dos xogos de rol de fantasía medieval que chega agora en forma de videoxogo para se enfrontar a World of Warcraft.

Cos servidores do xogo xa oficialmente online, as compañías GOA e Mythic Entertainment convidan aos xogadores de todo o mundo a entrar en WAR, un título baseado no universo do coñecido xogo de mesa de fantasía bélica de Games Workshop.

Unha das armas de Warhammer Online: Age of Reckoning é o novo modo de xogo denominado Reino vs. Reino, que enfronta ás dúas faccións do xogo en batallas multitudinárias: toda unha facción contra a contrária dentro do mesmo mundo do xogo, sen entrar en áreas de batalla independentes.

Segundo explican os responsábeis nunha nota de prensa, os pedidos por adiantado bateron todos os récords e xa se venderon un millón e médio de cópias.

É un día histórico para a empresa“, afirmou Ghislaine Le Rhun, directora executiva da GOA. “O lanzamento de Warhammer Online foi unha tarefa colosal e traballamos moito para garantir que a infraestrutura europea, tanto humana coma técnica, estea dispoata para este día. O mínimo que se pode dicir do xogo é que é excelente, e agardamos seguir formando parte da sua constante evolución“.

WAR ofrece várias opcións de suscripción (1 mes, 3 meses ou 6 meses). Ademáis, o primeiro mes de xogo é gratuito.

O novo de World of Warcraft xa ten luz verde

17 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

World of WarcraftA espera de millóns de xogadores de todo o mundo está a chegar ao seu fin. A Blizzard anunciou onte que Wrath of the Lich King, a nova extensión do popular videoxogo de rol online de suscrición World of Warcraft, verá a luz o 13 de novembro.

Estamos desexando lanzar Wrath of the Lich King e dar por fin aos nosos xogadores de World of Warcraft a posibilidade de se enfrentaren a Arthas e aos seus esbirros“, afirmou Mike Morhaime, presidente e cofundador de Blizzard Entertainment. “Até entón, seguiremos refinando e axustando o contido da expansión para garantir unha experiéncia de xogo entretida e estremadamente pulida“.

World of Warcraft: Wrath of the Lich King envía aos xogadores ao frío e adusto continente de Rasganorth, onde o temíbel rei Exánime Arthas Menethil, visto por última vez en Warcraft III: The Frozen Throne, traballa dende a sua remota cidadela para someter aos habitantes de Azeroth baixo o seu perverso domínio.

Os xogadores enfrontarán-se ao exército de non-mortos do rei Exánime dende as costas do Fiordo Aquilonal e a Tundra Boreal até a fonte do seu impío poder no Glaciar Coroa de Xeo. Ademáis, os xogadores poderán continuar o avance dos seus persoaxes até o nivel 80 e conseguir habilidades mentres exploran novas zonas e mazmorras.

A expansión tamén presenta novas características tales coma un sistema de logros, máis opcións no combate xogador contra xogador, entre as que destacan as armas de asédio e os edifícios destruíbeis, e a primeira clase heroe: o nigromante cabaleiro da Morte.

Dende o seu lanzamento en América en novembro de 2004, World of Warcraft converteu-se no MMORPG máis famoso do mundo, con máis de 10,9 millóns de suscriptores.

Spore: crea o teu universo

6 de Setembro de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

O creador de persoaxes en SporeWill Wright, o creador de videoxogos coma Sim City e Os Sims, volve con Spore, un título no que crear civilizacións desde o seu estado de bactéria e levá-las á carreira espacial en toda unha galáxia repleta de sistemas solares por explorar. Unha vez mais, o conteúdo creado polo usuário é a clave.

O ideólogo de videoxogos de culto -e éxitos comerciais- queria ir mais aló na sua nova creación. A idea naceu nada menos que da ecuación de Drake, unha fórmula ideada polo actual presidente do instituto americano para a procura de intelixéncia extraterrestre: o SETI (Search for ExtraTerrestrial Intelligence). A ecuación de Drake busca calcular o número de civilizacións susceptíbeis de posuir emisóns de rádio detectábeis na Via Láctea. Por suposto, parte da base de que os millóns de estrelas da nosa galáxia teñen á sua vez millóns de planeta, existindo nalgún, ou moitos, vida intelixente.

Asi pois, esta case inabarcabel idea é “o final” de Spore, xa que o princípio e núcleo do videoxogo é outro: as leis de Darwin da evolución. Non en van, un das principais obras nas que se inspirou Wright para Spore é 2001, unha odiseia no espazo, con homenaxe en forma de BSO do filme nun momento pontual do xogo incluído. O videoxogo para ordenadores -e dentro de pouco tamén en Nintendo DS- comeza coa fase de “espora” -de aí o título do xogo- e pasa pola de “creatura”, “tribal”, “civilización” e “espacial”.

A princípios de verán, a Electronic Arts, editora do xogo, lanzou o editor de creaturas de Spore, co obxectivo de igualar o récord de 100.000 creacións de Os Sims nunha semana; e superou-se en 22 horas. Á sua vez, planteou-se chegar ao millón antes do fin de 2008 e conseguiu-se nunha semana. Lér mais

Sonic en Camelot

23 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

SonicSega ven de facer público o argumento para o seu novo xogo de Sonic exclusivo para a Wii titulado Sonic e o Cabaleiro Negro. Este título é parte da saga de aventuras inspirada en obras literárias que deu comenzo con Sonic e os Anéis Secretos.

Nesta ocasión, o ourizo azul deixará a un lado A mil e unha noites para se mergullar nas lendas artúricas co obxectivo de ser armado cabaleiro da Mesa Redonda.

Creado polo Sonic Team en Xapón, este novo título armará a Sonic cunha espada e introducirá-o no mundo medieval, que deberá salvar da ameaza dun mal ancestral. Sonic e o Cabaleiro Negro combinará as posibilidades de control da Wii con escenários inspirados pola lenda do Rei Artur.

Após do éxito de Sonic e os Anéis Secretos, estamos encantados de anunciar este segundo título inspirado en obras literárias“, comentou Javier Rodríguez, Director de Marketing de Sega España. “Seguir a Sonic na súa xesta para ser armado cabaleiro vai resultar emocionante para todos os seus fans“.

Sonic e o Cabaleiro Negro porá-se á venda exclusivamente para a plataforma Wii en primavera de 2009.

Lost Planet, a adaptación

15 de Xullo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Videoxogos

Lost PlanetA Warner Bros e mais a Capcom (que está a se implicar en profundidade coas adaptacións dos seus videoxogos) unirán as súas forzas para ofrecer-nos unha adaptación de Lost Planet para a pantalla grande. O libreto escribirá-o o actor de voz e guionista David Hayter, que ven de rematar o seu traballo en Watchmen.

O videoxogo orixinal, Lost Planet: Extreme Condition Colonies Edition é unha versión ampliada de Extreme Condition para a consola XBox 360 e o PC e é un videoxogo de disparos en terceira persoa lanzado ainda en febreiro deste ano, producido por Keiji Inafune.

O argumento xira ao redor dun grupo de piratas da neve que loitan contra un monstro chamado Akrid, para obter un tesouro coñecido coma enerxía termal. Un piloto con amnésia, Wayne Holden, que só pode relembrar pequenos anacos do seu pasado, coma a morte de seu pai a mans do Akrid, tentará procurar a verdade sobre o ataque e descubre unha conspiración que podería non só destruir ao Akrid senón aos piratas da neve.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »